beatríz lobo - e-auditoriodegalicia

Сomentários

Transcrição

beatríz lobo - e-auditoriodegalicia
BEATRÍZ LOBO
The Joy of Painting (O gozo de pintar)
2013
Instalación (Óleo, acrílico, laca de uñas e ornamento téxtil sobre cerámica)
Medidas variables
Beatríz Lobo
(Vigo, Pontevedra, 1985)
The Joy of painting (O gozo de pintar) é o nome dun célebre
curso de pintura por fascículos, dirixido por Bob Ross. É o paradigma do pintor de domingo, da pintura desprofesionalizada, do
hobby, do vicio de pintar.
Resulta irónico que a carreira dun artista, o seu posicionamento
social e profesional, sexa en verdade una sufrida loita, mesmo
se a súa xénese está nun profundo amor polo que fai. O esforzo,
a repetición e a busca dun equilibrio intelectual e plástico, están
ben lonxe destoutra visión espectacularizada.
En contraposición á escola Bobrossiana, poboada de trucos
efectistas para facer paisaxes kitch en media hora, asoma a icona dun Velázquez gnóstico de mestría inalcanzable, e un autorretrato ao estilo Conde Duque de Olivares.
A pintura é deleite, milagre e misterio do que xorde da nada
grazas ás mans. Isto pode xerar confusión e caer na visión romántica do artista xenial, das mans máxicas que traballan soas,
convertendo o que tocan en ouro.
Licenciada en belas artes pola Universidade de
Vigo, 2009. Bolsa Erasmus George Enescu Universitá, Romania, 2007
Exposicións individuais
2013. Sexy Violence, Bootsbau Gallery, Berlín
Exposicións colectivas (selección)
2013. O bosquexo do mundo, MARCO, Vigo /
Auditorio de Galicia, Santiago Compostela / Fundación Luis Seoane, A Coruña
Now/here, Casa das Artes, Vigo
2012. Mmh! 8 praceres visuais, Sala X, Pontevedra
/ Museu Nogueira da Silva, Portugal | Dogs and
Queens, Das Hotel, Berlín; 40 dot, 40 artistas, Halcón Milenario, Vigo | This information is not avaliable
in your country, Kaleidoscop Gallery, Berlín
2011. Extruja; con billete de quinientos, Tabacalera,
Madrid | Totem Revolotem, Amalgama, Vigo
2010. I Bienal de Pintura Xove Cromática, sala
Ateneo, Ourense
2009. VI Premio Novos Artistas Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela (seleccionada como Dolores Fuertes) | VIII Certame Artes Plásticas Deputación de Ourense, C.C de Ourense
2008. Renovarse o matar, sala novos creadores,
Boiro
2007. Jos culotti, Galería Aparte, Iasi, Romanía
Publicacións
Dont Panic Berlin (revista de arte e música) |
GRAISSE ANIMALE ISSUE #7 (revista de ilustración
contemporánea francesa) Revista DOT, n° 40
Obra en coleccións
Colección MICA.