Descargar - Plataforma Som Energia

Transcrição

Descargar - Plataforma Som Energia
Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 25 - outubro 2013
Autoconsumo
enerxético
O Goberno, asesorado polas compañías eléctricas agrupadas en UNESA e en contra das direc-
trices europeas, quere incentivar o consumo eléctrico entre todos os consumidores (particulares e empresas), e anular calquera intento de independencia enerxética destes, para cubrir
os custos fixos do sistema nun momento de baixa demanda enerxética, consecuencia do contexto económico actual.
Por iso, o pasado venres 20 de Setembro, o Consello de Ministros aprobou
con carácter de urxencia o proxecto de
Lei do Sector Eléctrico e que, se ninguén o remedia, entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2014 co
obxectivo de reducir o coñecido déficit
tarifario, a custa da liberdade dos usuarios da rede de distribución e da perda
de sostibilidade do sistema.
(polo momento) Proposta de
RD de autoconsumo que
impón unha Peaxe de Respaldo
sobre todos aqueles que queiran consumir a súa propia
electricidade, limitando considerablemente o retorno de investimento das instalacións de
autoconsumo con enerxías renovables.
Dentro deste proxecto inclúese unha
Dende o Cluster Galego do Au-
W W W. 1 5 M -A C O R U N A . C O M / M O N T E A LTO
#
tocosumo Enerxético (AGAEN
http://www.agaen.es/) facemos presión a nivel autonómico para que antes do 1 de
xaneiro do próximo ano, se
cambien os principais artigos
da proposta de RD de Autoconsumo, que reduce ao mínimo as posibilidades de
independencia enerxética e
sostibilidade do sistema eléctrico nacional.g
A S A M B L E A M O N T E A LTO @ G M A I L . C O M
WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO
# # #
c o o P e r At i v i s m o
[email protected]
enerxético
O sistema eléctrico do estado es-
social. A cooperativa traballa nos
dous extremos da cadea do sistema eléctrico:
pañol presenta a forma dun oligopolio onde cinco grandes
empresas [Endesa, Iberdrola,
Unión Fenosa, HC Energía, E.ON],
co goberno da súa man, controlan
o mercado de acordo ás súas necesidades.
- Aumentando a producción
de enerxía renovable e promovendo a eficiencia e o aforro
enerxético. Som Energia aposta
por un modelo descentralizado de
produción e distribución de enerxía con moitos proxectos “pequenos” de produción con renovables
e distribución local.
O mercado eléctrico consta de
catro fases claramente diferenciadas: produción, transporte, distribución e comercialización e son
practicamente as mesmas empresas as que dominan todas estas
fases (a excepción do transporte).
A factura eléctrica dos nosos fogares non para de subir, desde os
medios culpan ás renovables do
aumento das tarifas, preséntase a
enerxía nuclear como unha posible solución, elabóranse leis que
penalizan o xeración de enerxía e
o autoconsumo,... e mentres, cada
vez mais xente, ben preparada e
mellor informada, comeza a poñer
en cuestión o funcionamento deste
sistema. Neste contexto nace o
proxecto Som Energia, unha cooperativa sen ánimo de lucro, para a
produción e comercialización de
- Xerando demanda de enerxía sostible, limpa e local, coa
comercialización de electricidade
verde certificada.
A cooperativa permite a participación dos socios e socias no funcionamento da cooperativa e
facilita tamén o investimento en
proxectos de producción de enerxías renovables, ademais de ofrecer, como servicio principal, a
posibilidade de contratar con Som
Energia, o abastecemento eléctrico
da túa casa ou negocio.
enerxías renovables.
O principal obxectivo da coooperativa é a de funcionar como motor
dun cambio de modelo enerxético
cara un modelo sostible, transparente e democrático, para o que
pretende ser tamén un movemento
Estamos a piques de chegar ás
10.000 socias!. Únete ao proxecto!.g
Proxecto Peixe
Dende o seu nacemento, as persoas
que impulsamos Proxecto Peixe debatimos a idea de plantexalo como unha
recuperación. Sen dúbida, o bairro da
Peixería fóranos sutilmente arrebatado.
Pouco a pouco as súas tendas se foron
baleirando e as súas casas foron deixadas ás arañas. E un día, de súpeto, o
desafiuzamento de Aurelia provocou a
indignación colectiva.
En realidade, que Aurelia fora expulsada da Peixería non foi nada casual:
que a anciá costureira morase nos arredores da Praza de Lugo era algo que
chocaba cos intereses daquelxs que estaban a transformar o bairro. Pois se
ben, por unha banda o outrora o corazón da cidade, estaba a ser abandoado,
por outra banda, outra parte do bairro
estaba a elitizarse, era cada vez máis
exclusivo.
oferta máis elitista, se converten nos referentes do ocio nocturno da cidade.
Até o momento presente, o Proxecto organizou unhas poucas actividades encamiñadas a revalorizar ese espazo. Así,
no xullo pasado, un roteiro percorreu as
rúas da Peixería, descubrindo a súa historia (foi berce das Irmandades da Fala,
núcleo do republicanismo galego e morada de intelectuais) e o seu presente:
problemas de vivenda, xentrificación,
destrución de lugares e proliferación dos
non lugares.
Aurelia non é a única vítima deste conflito urbano. Xa a finais de agosto de
2007, unha redada policial saldábase
con balance de 13 comerciantes senegalesxs detidxs. Pero as políticas de intervención estritas non se esgotan no
comercio a pé de rúa. Así, as multas
multiplícanse contra dos bares de ocio
da zona, namentres os novos centros
de ocio nocturno, ubicados moitas
veces en centros comerciais e cunha
FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO
O noso obxectivo último é crear consciencia sobre un problema común, empoderándonos: parando na rúa os
desafiuzamentos, enchendo de vida os
espazos abandoados, revalorizando o
bairro e, en definitiva, construírmos
unha cidade para todxs.g
#
TWITTER: 15Mmontealto
FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO
#
TWITTER: 15Mmontealto
o concelho
d e c l A r A A g u e r r A A o s e s tA l e c e m e n t o s d e
o c i o A lt e r n At i v o d A r u A B e i r A m A r
Continua a guerra aberta por parte do Concelho da Corunha contra a hostalaria corunhessa:
agora querem afundir à Rua Beiramar, umha das ruas que concentra um ócio nocturno alternativo e modélico, caracterizado pola ausência de queixas ou problemas de ordem pública.
Agentes à paisana da Brigada de Meio Ambiente
procediam hoje domingo,
às 23:00h, a denunciar ao
Mentireiro pola música ambiental, praticamente imperceptível, que saia dum
computador portátil. A actuaçom supóm um golpe
mortal para o nosso local
que, unido à situaçom económica, tinha já graves dificuldades para fazer frente
aos pagos ordinários. Com
esta actuaçom o Concelho
da Corunha condena ao
nosso local a umha situaçom límite que pode conlevar a imposibilidade de
afrontar o pago das nóminas dos 4 trabalhadores
que vivemos do trabalho
deste estabelecimento. Mas
nom nos vamos rendir tam
facilmente. Esta actuaçom fai
parte dumha série de medidas repressivas que começarom no
verám, com denúncias ao Patachim e ao Mari Castaña. A semana
passada a polícia procedia a levantar a terraça da Repichoca e precintava o Café de Coco. Todas
estas actuaçons suponhem um
presunto delicto por parte do concelho, quanto menos, de PREVARICAÇOM, posto que som
perfeitemente conhecedores de
que as infracçons polas que somos
denunnciados som generalizadas
em toda a hostalaria corunhesa
produto dumha normativa absurda que, se se cumprira, faria
que o 90% dos locais da cidade
teriam que fechar. Som conhece-
dores de que todas as cafetarias,
bares e restaurantes tenhem música ambiental, mas só actuam
sobre uns poucos: POR ISSO PREVERICAM. Estamos convencidas
de que estas actuaçons estám dirigidas a afundir o seitor da pequena hostalaria para potenciar os
projectos em marcha que, como o
de Cantones Village, pretendem
concentrar a indústria do ócio em
mans duns poucos, curiosamente,
amigos e familiares da equipa de
governo de Carlos Negreira na que
um dos seus concelheiros, por
exemplo, é irmám dum dos magnates que regenta vários dos locais
de Cantones Village. Exigimos a
imediata regulaçom da música ambiental nos locais de hostelaria e
que os responsáveis municipais
WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO
# # #
asumam dumha vez por todas as
suas responsabilidades ou que deixem de fazer dano e se larguem,
quando menos, por inúteis e incompetentes.
ÚLTIMA HORA: O PARTIDO POPULAR ORDENA O CERRE DO PUB
PATACHIM. O Partido Popular da
Corunha nom gosta das críticas.
Despois de que Julio Flores (Concelheiro de Segurança) dera
ordem à polícia local para que retirara esta pancarta agora utilizam
um expediente administrativo para
CASTIGAR AO PATACHIM COM
2.601 EUROS DE MULTA, AO
MESMO TEMPO QUE ORDENAM O
CESAMENTO TEMPORAL DA ACTIVIDADE.g
[email protected]
WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO
# # #
[email protected]
v indeirAs convocAtoriAs
do
12 Ao 19 desenvólverAse A semAnA de Acción gloBAl contrA A déBedA . As
Accións están Por determinAr
PróximAs convocAtoriAs
Se queres escribir unha carta, artigo, opinión... coa intención de que sexa publicada, ponte en contacto connosco
en [email protected]
NON ME TIRES cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. PÁSAME..
FA C E B O O K : 1 5 M A S A M B L E A P O P U LA R D E M O N T E A LTO
#
T W I TT E R : 1 5 M m o n t e a l t o

Documentos relacionados