O PARCHE ANTICONCEPTIVO ESTÁ AVALIÁNDO

Transcrição

O PARCHE ANTICONCEPTIVO ESTÁ AVALIÁNDO
O GOVERNO INFORMA AO BNG
Asunto: autorización e comercialización do fármaco
coñecido como parche anticonceptivo
O PARCHE ANTICONCEPTIVO ESTÁ
AVALIÁNDO-SE NA AXENCIA EUROPEA DE
AVALIACIÓN DE MEDICAMENTOS E A
AUTORIZACIÓN SERÁ PARA TODOS OS PAISES
DA UE
O prazo para a opinión definitiva da EMEA finaliza no 2º
trimestre deste ano, e a autorización para a UE será
nese prazo
A autorización do parche anticonceptivo denominado EVRA está
avaliándo-se na Axencia Europea de Avaliación de Medicamentos
(EMEA), por procedimento centralizado, que siñifica que a autorización é
para todos os paises da UE, informa o Governo ao BNG en resposta a unha
pergunta parlamentar realizada polo deputado Carlos Aymerich.
O Executivo sinala que <España xunto con Holanda son os paises ponentes
deste produto>. E indica que <o prazo para a opinión definitiva do Comité
de Medicamentos de Uso Humano da EMEA finaliza no 2º trimestre do
2002, polo que a autorización para a UE estará nese prazo>.
Sen máis que dicer-lle, receba un cordial saúdo
Madrid, a 22 de xaneiro de 2002
Eva Lema. Gabinete de Imprensa do
BNG no Parlamento do Estado