Sonosfera de Vilaxoán

Transcrição

Sonosfera de Vilaxoán
Desenvolvemento da Praza de Abastos de Vilaxoán a traves
da cociña e da música. Domingos de “Saberes e Sabores”
“Son as xentes de imaxinación, as que comen mellor quizás porque asocian a sua
sustancia terrenal ao lugar donde son”
Alvaro Cunqueiro
corpo é a nosa biblia e todo está almacenado nel. O comer é un acto
emocional como o de calquera arte. A educación da sensibilización
artística e culinária é vontade, decisión e coñecemento. Por iso
aprendemos cos sentidos e, a través dos nosos produtos, dos nosos cociñeiros/
as e dos artistas, facemos a combinación de praceres precisa para o goce e o
rexurdimento dun espazo público vertebral: a Praza de Abastos de Vilaxoán.
O patrimonio musical de Vilaxoán é un tesouro gardado nas casas e no corazón
da xente. Cantar, bailar e saber comer dirixen a unha comunidade a vivir mellor,
en saúde. Só persoas sanas salvan a unha sociedade enferma. O que aconteza
na Praza de Abastos neste mes de setembro é unha proposición sobre cómo é
percibido o mundo deste pobo mariñeiro, acoller e aprobar o mérito do que entra
e sae polas bocas. As nosas lindezas e miserias.
Se os produtores, artistas, técnicos, organizadores, visitantes, veciñas e veciños
foramos quen de abonar a Praza de Abastos de Vilaxoán, as novas xeracións
aplaudirían con ombros e ollos. Porque o aplauso non require de ruído, é
apreciación de respeito despois dunha obra artística chea de destreza. Plantar,
comer, cantar, bailar, recoller, dar, recibir, xestionar é arte a peso.
A arte do saber e do sabor.
Ugia Pedreira
Uxía
Bigote Mix
Os terribles de
Arousa
Xurxo Souto
Sábado 4, 19:30h,
Praza de Abastos
Sábado 4, 23:30h,
Praza de Abastos
Domingo 5, 10h,
rúas de Vilaxoán
Domingo 5, 13h,
Praza de Abastos
Uxía nace en Sanguiñeda (Mos)
e comeza a cantar moi nova. A
súa carreira despega cando obtén
o primeiro premio do Festival de
Bergantiños, en 1985, e dende
aquela non deixa de acumular
éxitos.
Bigote Mix é o nome detrás do que se
agocha cando pincha o activista musical
compostelán Marcelino B. Hip Hop,
Cumbia, Electro, Kuduro, Pop, Funk,
Bachata, Corridos, Grime, Nu-Rave,
Rumba e moito pun-chis-pa-chis.
Toca calquera pau sen medo ás críticas
e coa única finalidade da diversión do
público (e tamén a del). Podedes escoitar
algunhas das súas últimas mixtapes en
temazo.org
O cuarteto de gaitas, “Os Terribles de
Arousa”, foi fundado en Vilagarcía
no ano 1995. A súa filosofía é a de
cumprir o cometido que tiveron
de sempre os gaiteiros, tocando en
festas, romarías e corredoiras que,
ao cabo, son o escenario natural da
gaita. Utilizan gaitas “grileiras”,
que era o ton máis habitual da
comarca de Arousa e que hoxe
están case desaparecidas. Teñen
tres discos no mercado, e están a
preparar o seu cuarto traballo, no
cal se lle dará especial relevancia ás
tocatas cantadas e a pezas da zona
de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán.
Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis
coñecido como Xurxo Souto, nado
na Coruña, é cantante, acordeonista,
escritor, locutor e licenciado en Filoloxía
clásica. O labor que o fixo máis popular
foi o de líder e vocalista dos Diplomáticos
de Monte-Alto, e por ser un gran difusor
da música galega. Outra das súas facetas
a destacar é a de escritor. Publicou
unha novela: O Retorno dos Homes
Mariños, e catro libros de relatos : A
Tralla e a Arroutada, Fumareu, Contos
da Coruña e Tres Trebóns. Traballou
en diversos programas de radio como “A
tropa da tralla”, “Aberto por reformas”
ou “Mil ribeiras”, na Radio Galega, da
que foi Director de Programas do 2005 ao
2009. Recentemente formou o grupo Os
Tres Trebóns, do que é voz e acordeón.
Nestes 25 anos de carreira, Uxía
colabora, compón, escribe, produce,
dirixe e participa en ducias de
proxectos artísticos, viaxa por
toda Europa e por Latinoamérica
e conquista ao público e á crítica
nacionais e internacionais cunha
manchea de cancións que xa
forman parte da nosa memoria
colectiva.
Os Tres trebóns e
Os Homes sen Medo
Os Encantiños do
Umia
Mofa e Befa na
Cociña
Trioliro Regueifeiros
Domingo 5, 13:45h,
Praza de Abastos
Domingo 12, 10h,
rúas de Vilaxoán
Domingo 12, 13h,
Praza de Abastos
Domingo 12, 13:45h,
Praza de Abastos
3Trebóns está composto por 3 músicos
con moitos quilómetros de palco: Xurxo
Souto argallou a idea e xunto co batería e
cantante Fran Amil (Papaqueixos, RuxeRuxe, Diplomáticos) e o baixista Antón
Díaz (Papaqueixos, Alberto Bundi),
agromaron na ruta pangalaica.
Estes elementos alternan repichocas de
3 compases e 3 acordes coas historias de
3 minutos que nos conta/canta Xurxo.
Son contos que falan da aventura cotiá
dos mariñeiros e labregas, de músicos,
loitadoras e poetas que deixaron pegada na
particularmitoloxíadogrupo.Os3Trebóns
conducen as inclemencias do tempo
nos campos da festa coas colaboracións
eventuais dos Homes sen medo (Martiño,
Paino e Olivier), O Vendaval do Rosal,
Aarón Bouzón e Jarbanzo Negro (Tania,
Nacho e Xan), co único obxectivo de
espallar cultura e diversión.
Manuel Jamardo e Fancisco
Santalla xuntáronse no ano 1946
para tocar a frauta, dous anos
despois, fundan o cuarteto de
gaitas “Os Encantiños do Umia”.
Francisco é fillo dun acordeonista
que tiña baile en Godos, e Manolo
é fillo e neto de gaiteiros, o famoso
José do cura, polo cal o repertorio
deste grupo inclúe moitas cantigas
da vella escola, destacando
sobre todo as mazurcas e polcas.
Os Encantiños, con 62 anos de
percorrido artístico, son sen dúbida
un dos cuartetos máis veteranos
dos que quedan “en activo” en
Galiza.
Mofa e Befa poñen os mandís,
arremánganse e métense na cociña
a facer o que mellor saben: cociñar
os risos do público. Nesta ocasión
preséntannos dous xeitos de
cociñar: o da cociña económica, un
sketch dun plató de Televisión onde
se gravar un programa de cociña.
O programa de hoxe está adicado
á cociña tropical. O presentador,
Mofa, trae convidado ao Tío
Reveriano, para preparar unha
receita caribeña cos ingredientes
que trae nunha bolsa do lixo. E o da
Cociña kkofónica. Alfonso Kkamo
inspirou esta achega á cociña, da
que presentan tres receitas nas
que, por aforrar, até se aforra nas
vogais.
Eles son Luís Correa “O Caruncho”,
Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira,
tres músicos que ademais de regueifa
tocan gaitas e percusión e cantan os temas
de sempre, co que as súas actuacións
sempre rematan en festa participativa cos
asistentes.
Luís “O Caruncho”, gaiteiro, zanfonista,
cantante e aprendiz de actor. dotes
artísticasquefandelundosmáisrequiridos
traballadores da música en Galiza. Benito
Lobariñas, do grupo Zurrumalla é gaiteiro
e foi letrista da comparsa de Antroido
“Os da Taza” do Morrazo, sendo desta
vena lírico-humorista de onde procede
a súa querenza polas coplas vitriólicas.
Josiño da Teixeira é o máis novo do trío,
o contrapunto perfecto para os dous máis
veteranos do Trioliro.
Brisas de Tomiño
Carlos Blanco
Tangobar
Cé Orquestra Pantasma
Domingo 19, 10h,
rúas de Vilaxoán
Domingo 19, 13h,
Praza de Abastos
Domingo 19, 13:45h,
Praza de Abastos
Domingo 19, 11-14h,
Restaurantes de Vilaxoán
As treboadas son agrupacións
musicais populares compostas por
bombos, caixas e gaitas en diverso
número. Abundantes no Minho
portugués, o mapa das treboadas
galegas está reducido á pequena
bisbarra tomiñesa do Baixo Miño.
No século XX coñécense numerosos
grupos como “Os Terribles de
Tomiño”, “A Bravesca”, a do
“Ministro” ou “As tres menos
cuarto”,
hoxe
desaparecidos.
“Brisas de Tomiño” son, pois, os
herdeiros directos desta tradición
que utiliza os bombos como
alborada en festas e romarías.
Folk Oral. Porque hai quen fai poprock, ou funk, ou rap… pero o de Carlos
Blanco é Folk Oral. Un xeito de facer
rir. De improvisar. De revisar o día a día
deste país noso. Que xa é revisar! Folk
Oral. O contar caótico-volcánico de
Carlos Blanco, os mil e un personaxes
que desfilan cada noite polas súas
historias/monólogos/sucedidos/o que
sexan. Folk Oral. Sen receita médica.
Só para adultos/as iso si. Con listas de
espera tamén, signo dos tempos que
vivimos. Máis de 100 actuacións no 2009
por toda Galiza… e por Londres… e
Porto… Cheos e cheos cada noite. Risos
e gargalladas garantidos. Folk Oral.
Despois de percorrer as terras de
España nos anos trinta, Roberto Arit,
escritor arxentino, di que o lugar do
mundo onde mellor se cantan os tangos
é A Coruña. O “Tangobar” de Marcos
e Gastón (Meléndrez & Rodríguez) non
é, pois, un asunto exótico. A cidade
atlántica foi un porto principal no
movemento de persoas e mercadorías,
mais tamén no ir e vir de cancións. Na
Coruña, o berce e o ataúde tiñan xeito
de dorna abaneada polo mar. E iso xa,
de por si, é tango. Este disco ten moito
de bitácora da vida. É unha atina
escolma. As cancións entrénzanse como
un relato de melancolía e liberdade
que vai avante nas ondas da música.
O espírito de ‘Tangobar’ é a coraxe de
querer.
Cé Orquestra Pantasma é un
proxecto musical aberto cheo de
posibilidades xa que anos de experiencia, como intérprete, compositor e director musical en bandas
de distinta índole e como mestre de
música, permitíronlle acadar unha
gran versatilidade e coñecemento
do mundo musical. O feito de dispoñer de repertorios diferentes dálle a posibilidade de estar en eventos de todo tipo: animación na rúa,
festivais, festas populares,música
para nenos, para maiores... as súas
actuacións convértense nunha gran
festa onde a implicación e participación do público é unha das cousas máis importantes.
Ollo! Pode crear adición!
(home orquestra)
“Sonosfera de Vilaxoán”
Benigno Campos
Coral “Máximo Patiño”
Pista Catro - Novo Circo
Domingo 26, 10h,
rúas de Vilaxoán
Domingo 26, 13h,
Praza de Abastos
Domingo 26, 13:45h,
Praza de Abastos
Domingo 26, 16:30h,
Parque de Vilaxoán
“Sonosfera de Vilaxoán” é un paseo
sonoro polas rúas do pobo cun
micrófono xigante, percorrendo os
lugares onde se poden escoitar os
sons propios do lugar, os que confiren
o carácter e identidade acústica,
rexistrando e transmitindo os sons
de pertenza, os que os habitantes
recoñecen como propios e que non
se escoitan noutros lugares. O micro
de 7 metros de lonxitude, arrastrado
por varias persoas, é capaz de
capturar o son ambiente do pobo en
tempo real e posibilita a súa emisión
por unha emisora de Radio FM.
Trátase de fomentar a escoita activa,
pondo en primeiro plano o son da
rúa, considerado residual, cando é
fundamental para coñecer a esencia
Benigno Campos naceu en Chapela
(Redondela). Durante 39 anos traballou
nunha empresa da construción naval.
Estando en Madrid, no servizo militar,
comezou a afeccionarse á cociña grazas
á súa amiga Tonina, tamén de Chapela.
escoitar.org
“Larpeiros”
Esta afección levouno a ser un dos
integrantes do exitoso programa
de cociña da Televisión de Galizza
“Larpeiros”. Co seu libro de receitas, A
cociña de Larpeiros pretende cumprir
coa demanda dun gran número de
seguidores do programa.
de Vilaxoán
As ribeiras do mar arousán foron,
son e han ser o pentagrama no que
se escriban as vidas destes homes e
mulleres cantores. Homes que cantaban
pescando, mulleres que cantaban
esperando. E así, como un enxerto na
alma de Vilaxoán, agromou a CORAL.
No ano 1962 Máximo Patiño creou unha
coral, que se presentou nas instalacións
da empresa Atlántica, o 1 de maio de
1963. Dende o ano 2002, a súa directora
é María Luísa Rodríguez Veloso. Entre
as innumerables iniciativas culturais da
Coral, destaca o “Vilaxoán Canta”, na
actualidade conducido por Salvador
Cores “Manso”, un espectáculo no que
o pobo se reúne na praza para lembrar
cancións de épocas pasadas. En 2007,
a Coral celebrou o seu 45 aniversario
e gravou un CD-DVD con imaxes e
cancións de todos estes anos.
“Residuos”
Pista Catro é un colectivo de 7 artistas,
actores, músicos, malabaristas, acróbatas e clownd, con sede en Santiago de
Compostela. Debido ás características
do Novo Circo e do Cabaré, os seus espectáculos son adaptables a espazos
non convencionais e a novos circuítos,
por iso aspiran a abrir novos mercados
nas artes escénicas e a crear os piares
do Novo Circo como industria cultural
en Galiza. En “Residuos”, uns barrendeiros moi especiais, concienciados co
medio ambiente, transforman os desperdicios en arte. A través do clown e
dos malabares, irán limpando a cidade,
lanzando obxectos polo aire e ensinándonos a arte da reciclaxe como forma de
vida. Itinerante, interactivo, educatio e
diertido, que máis se lle pode pedir?
Combo Mariñeiro
de Vilaxoán
(Actividade programada pola Semana Náutica deVilaxoán)
Sábado 4, 21h,
Praza deAbastos
OBRADOIRO S
Proxecto musical radicado en Vilaxoán con
doce músicos, entre profesionais e amadores,
de diferentes estilos, mais principalmente de
orixe arousá. Sanfonas, gaita, contrabaixo,
guitarra, percusións, voz, violín, acordeón,...
con arranxos de Óscar Fernández (mestre
de sanfona de aCentral Folque). O Combo
Mariñeiro de Vilaxoán busca actualizar o
repertorio popular da zona aurosá, rico en
matices e estilos que van desde as cantigas
medievais, muiñeiras e foliadas, até as
máis modernas habaneras, mazurkas ou
polcas. Temas de autor local ou populares
que na zona todo o mundo coñece. Este
grupo naceu baixo o acubillo dun proxecto
encargado polo Concello de Vilagarcía para
aCentral Folque, Centro Galego de Música
Popular, de desenvolvemento local e cultura
PARA
NENOS E NENA S
Todos os domingos de 11 a 14h no Parque de Vilaxoán
Toda boa práctica, coma esta que se agarda que se pretende sementar na Praza
de Abastos de Vilaxoán, non debera desatender os máis pequenos, os que nos
emprestan este mundo para que llelo xestionemos, en canto non medran. Por
iso desde o primeiro momento se pensou nunha programación para os nenos
e nenas. E para eles se deseñaron estes catro obradoiros. Para que, xogando,
poidan chegar ás mesmas conclusións ca nós.
As liñas que marcan esta actividade son as de concienciación de boas
prácticas de consumo, aproveitamento dos recursos de refugallo, valoración
da biodiversidade local, musicalización de obxectos cotiás, a transmisión de
saberes e a capacidade de creación.
Cada domingo, os obradoiros céntranse nunha temática diferenciada que
permite ofrecer coherencia ás actividades realizadas:
Domingo 5: Domingo 12: Domingo 19: Domingo 26: Obradoiro sobre a gastronomía
Obradoiro sobre os sentidos
Obradoiro sobre a reciclaxe
Obradoiro sobre a oralidade
Esta actividade está coordinada pola AFI (Aula Folque Infantil), que conta
cun equipo de traballo con ampla experiencia nas actividades con nenos.
Esta actividade é de balde. Contamos con vós e cos vosos cativos!
SABORES
Nacho Costoya Cocteleiro
Julián Domínguez
Nacho Costoya comezou na hostelaría despois de estudar no
Seminario Maior. Traballou nun restaurante de Oropesa del
Mar e fascinoulle o contacto co cliente, formación que cultivou
con esmero nestes anos. Este estradense soubo facer da súa
profesión unha vocación e puido colleitar numerosos premios
como maître e sumiller. Destaca a consecución no ano 2010 do
V Campeonato Nacional de Profesionais de Sala ‘Trofeo Julián
Luna’, convocado pola Federación Nacional de Profesionais de
Sala. Este trofeo ábrelle as portas do Concurso Internacional
Copa Georges Baptiste de Xapón 2012, e do II Campeonato de
España de Xefes de Sala-Maîtres.
Julian Alberto Domínguez Arias naceu en Santa Coloma
de Gramanet (Barcelona), fillo de pais leoneses. Deu o
seus primeiros pasos no negocio hosteleiro dos seus pais.
Posteriormente formouse na Escuela de Sant Narcís (Girona),
empezou a traballar no Parador de Viella e no Casino de
Pereleda e viaxou a Alicante uns anos para aprender cociña
mediterránea, e formar parte dun clube de prestixiosos
cociñeiros da Marina Alta. Logo os seus pais (Julian e Lucía)
trasládanse a León e inaguran o Restaurante “El Rincón de
Julian”, especializado en caza, arroces e cociña tradicional, no
que traballa un tempo. Até que decide trasladarse a Santiago
de Compostela coa intención de aprender a gastronomía galega.
E tras percorrer varias cociñas prestixiosas de Galiza, decidiu
asentarse e montar a “ Tapería La Parra”, en Vilagarcía
de Arousa, motivado pola alta calidade dos produtos que se
cultivan nas Rías Baixas.
Sábado 4, 22:30h
Cocktails:
1. Pócema do amor (Pazo da Bouciña)
2. Crimea (Portomar)
3. León mariño (Maior de Mendoza)
4. Cocktail sorriso (Pazo da Bouciña)
Domingo 5, 12:15h
Pratos:
1. Mexillón con falso caviar e cuscús de verduras
2. Navallas con fideos de alfabaca e aceite de limón
3. Vieira á galega deconstruída
Luis Romaní
José Fernández
Luis Romaní Franco é un cociñeiro nacido en Ourense, que
decidiu cambiar a xinea familiar de químicos de laboratorio,
pola química da cociña. Tras estudar na Escola de Hostelaría
de Ourense (IES Vilamarín) e traballar en varios restaurantes
da súa cidade natal, consegue una beca e marcha traballar ao
Reino Unido. Alí comeza un periplo por Hoteis e Restaurantes
que continuará á súa volta a Galiza, traballando nos
mellores Hoteles de 4 e 5 estrelas. Unha andadura que tería
como recompensa a Xefatura de Cociña do Hotel Torres de
Compostela 4 estrelas en Santiago de Compostela, onde traballa
na actualidade. Descendente dos últimos habitantes da Illa de
Cortegada, daí o seu vencello coa Ría de Arousa, ademais de
ter colaborado con diversas empresas relacionadas co mundo
da restauración, tivo a oportunidade de estar á fronte da Festa
da Ameixa de Carril, conseguindo así ser profeta na terra da
súa familia.
Nacín na Lomba, neto de Flora a “Couta”, ben coñecida en
Vilaxoán, e de Clara da Lomba. Marchei a Inglaterra aos trece
anos, estudei enxeñaría, mais descubrín que a miña paixón
era a cociña. Traballei en cociñas de freganchín e aos 20 anos
conseguín un traballo de xefe de cociña nun hotel con 3 estrelas e
120 habitacións. Alí traballei oito anos, até que mudei para unha
compañía francesa como xefe de cociña en tres restaurantes. Os
últimos dez anos traballei nunha casa de campo, Willington
Hall Hotel, onde fixen moitos amigos. Até que puiden montar
en Vilaxoán o Bodegón Flora, antes coñecido como o bar de
Avelino. Isto para min e a miña noiva Ola é un soño. Mais grazas
á axuda dos meus pais, aquí estamos.
Pratos:
1. Ensalada morna de mexillóns en escabeche con verduriñas de temporada
2. Arroz Negro en texturas de calamar
3. Tosta de Mousse de algas co seu crocante
Pratos:
1. Tartaleta de bacallau de porro de Morocho
2. Salada de arroz, bacallau e pasas
3. Bacallau con panceta, puré de chícharos e albariño
Domingo 12, 12:15h
Domingo 19, 12:15h
Antonio Botana
Domingo 26, 12:15h
Antonio Botana Álvarez, nacido en Cambados, é un cociñeiro
de formación autodidacta, presidente do Grupo NOVE (Grupo
de cociñeiros galegos), chef e propietario do Restaurante
Pandemonium de Cambados. Este restaurante encádrase
nun proxecto que pretende desenvolver unha cociña de autor
baseada no produto autóctono e nunha busca da mensaxe que
a propia materia prima sexa quen de transmitirnos. Para iso,
entendemos dunha importancia maiúscula o acceso directo
ó produto e o estudo do mesmo para tratar de encontrar a
súa maior expresión. Tamén entendemos como fundamentais
outros factores que contribúan a que o cliente do restaurante,
teña unha experiencia máis aló do feito culinario: un servizo
dinámico e eficaz, unha oferta vinícola de amplo expectro e
unha imaxe do restaurante que o complemente.
Pratos:
1. Callada de bacallau con berberecho da ría
2. Sardiña mariñada con pan de broa e xamón
3. Chupiño de crema de aguacate con mexillón e espuma de
escabeche
FEIRA DE
PRODUTOS
LOCAIS
Todos os domingos de 10 a 14h na Praza de Abastos
Unha praza de abastos ten como finalidade última a de ofrecer á
poboación produtos de calidade para o consumo. Cada domingo
do mes de setembro, a Praza de Abastos contará cunha Feira.
Produtores locais e da bisbarra porán a dispoñibilidade dos
visitantes os froitos do mar e os froitos da terra. Un amplo
elenco de viños, legumes, froita, licores, ameixa, mexillón ou
hortalizas encherán a Praza de Abastos de Vilaxoán con vontade
de permanencia. Collan a listaxe da compra e non dubiden en
achegarse.
PRODUTORES
Viño:
Maior de Mendoza, Pazo Bouciña,
Porto Mar e Moraima
Bivalvos:
Asociación Mexilloeiros V. del Rosario,
Asociación de Mexilloeiros Vilaxoán,
Ameixa de Carril, Confraría de Vilaxoán,
Mejillones Ría de Arosa e Nidal
Conservas:
Porto Mar e Mar de Carril
Horta:
Asoc. Lentura, Cáritas de Vilaxoán,
A Hortiña da Ponte e O Tiribeque
SABERES
Martes e xoves, 20h, Praza de Abastos
s “Saberes” son unha oportunidade para explorar
as posibilidades que ofrece a Praza de Abastos e
partillar os camiños para a creación de compromisos.
Os martes e xoves en horario fixo ás 20:00h serán punto de
referencia para construír o futuro da Praza en Vilaxoán. As
xornadas están pensadas para amosar experiencias propias
e alleas que permitan avaliar posibilidades, potencialidades
e propostas. Nas diferentes conferencias e mesas redondas
participarán saberes especialistas de campos tan diversos
como a bioloxía, antropoloxía, sindicalismo, xestión municipal
ou dos sectores produtivos. Aprender das experiencias doutros
lugares contribuirá á mellora da Praza de Abastos.
Xoves 9 de setembro 20:00 Conferencia
Podemos escoller o que comemos
Lidia Senra, Secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego
Presenta: Rosa Abuín Rodríguez, Concelleira de Promoción Económica
Martes 14 de setembro 20:00 Mesa redonda
A comercialización dos recursos marisqueiros
Martes 7 de setembro 20:00 Mesa redonda
O viño como motor de desenvolvemento
Santiago Prado, Antropólogo
Ramón Huidobro, Xerente do Consello Regulador Rías
Baixas
Modera: Marcelino Abuín Duro, Concelleiro de Xestión do Territorio
Jose Luís Villanueva, Presidente da Agrupación de
Produtores de de Parques de Cultivo de Carril
Manuel Tarrío Fernández, Patrón Maior da Confraría de
Vilaxoán
Rosa López Tourís, Presidenta Agrupación de Mariscadoras
de Vilaxoán
Ana Alcalde Creo, Bióloga da Confraría de Vilaxoán
Modera: Rosa Abuín Rodríguez, Concelleira de Promoción Económica
Xoves 16 de setembro 20:00 Mesa redonda
Da terra ao consumidor
Afonso Touceda, Técnico de Lentura (Proxecto Amorodo)
Xavier Rodríguez, Presidente da Cooperativa Árbore Belén Fervenza, Horta do Cadaval
Modera: Marcelino Abuín Duro, Concelleiro de Xestión do Territorio
HOMENAXE
AOS OFICIOS
Xoves 23 de setembro 20:00 Mesa redonda
A praza de abastos como espazo dinamizador
Óscar Senra, Coordenador do Mercado entre Lusco e Fusco
Celia Alonso, Concelleira de Feiras e Mercados de Pontevedra
Andrés Fariña, Concelleiro de Mercados de Santiago de
Compostela
Modera: Marcelino Abuín Duro, Concelleiro de Xestión do Territorio
DE VILAXOAN
n recoñecemento a toda unha vida de traballo e
esforzo, cada día haberá unha homenaxe a un oficio de
Vilaxoán. Taberneiros, redeiras, peixeiras, mariñeiros
e cociñeiros de Vilaxoán serán homenaxeados polos diferentes
artistas convidados resaltando, de forma pública, vidas
anónimas que explican a idiosincrasia do pobo.
Son moitas as persoas que poderían ser homenaxeadas.
Con sabiduría, unha vella mariscadora sentenciou que todo
o mundo ten motivos para ser homenaxeado. No mes de
setembro tócalle a quenda a persoas de Vilaxoán cun percurso
vital digno de ser recoñecido.
Homenaxe a José Durán Muñíz “Pelonio”
Sábado 4 ás 19:30h na Praza de Abastos
O mar ten códigos que coñece quen o transita, quen o palpa, quen
probou o salitre das galernas e as marés. Nos últimos 90 anos o mundo
mariñeiro ten mudado de forma radical. “Pelonio” é unha testemuña
da desaparición da vela ou da substitución da madeira dos cascos das
embarcacións. A súa memoria retén unha Arousa sen bateas. A súa
vida é a historia viva de Vilaxoán. O seu verbo fala no código do mar.
Homenaxe a Josefa Santos “A Torera”
e Antonia Bravo Rodríguez “Tucha”
Domingo 5 ás 13h na Praza de Abastos
As redeiras tecen o instrumento que dá de comer a toda vila
mariñeira. O seu traballo silencioso, preciso e non sempre
recoñecido é transmitido nos peiraos e nos baixos das casas
coma linguaxe secreta. Un oficio dependente das necesidades
do mar, sen horarios, que ten nestas dúas mulleres, xa
xubiladas, un excelente exemplo de saber e bo facer.
Homenaxe a Lola Bravo, “Lola de Vicente”
Domingo 12 ás 13h na Praza de Abastos
A taberna é un lugar de encontro e canto. En Vilaxoán había
unha por cada home. “A viúda”, a de “Basilio”, o “Burato”, a
“Tocaia”, a de “Ramón”, a “Bicha”, “Varela” ou a “Ruadeira”
son algunhas delas. Entre elas, “a de Vicente” xuntaba taberna,
salón de baile, ultramarinos e nun tempo ata a lonxa. Lola
de Vicente traballou toda a súa vida tras do mostrador desta
taberna fundada en 1920.
Homenaxe a Vicenta Durán Santos e
Dolores Santamaría Alejandra
Domingo 19 ás 13h na Praza de Abastos
O oficio de peixeira ten mudado moito desde que estas dúas
señoras comezaron a actividade hai xa máis de 50 anos. A
venda polas casas, as colas para obter un produto fresco, son
parte do pasado. Vender hoxe en día na Praza de Abastos
convertiuse case nun acto de resistencia. A súa persistencia
fai posíbel que hoxe Vilaxoán aínda conte cun espazo destas
características.
Homenaxe a Manuel Cores “Chocolate”
Domingo 26 ás 13h na Praza de Abastos
Os fogóns de galegos deben a Manuel Cores “Chocolate” o valor
do pioneiro. Dunha persoa que emigrou de mozo e que soubo
volver á súa terra e facer da cociña caseira un ben exquisito.
O seu restaurante “Chocolate” conseguiu colocar o nome
de Vilaxoán no mapa gastronómico galego. Nas súas mesas
sentáronse ilustres nomes da música, a política e o deporte.
SETEMBRO

Documentos relacionados

Rotary se involucra con total altruismo

Rotary se involucra con total altruismo e cos outros. O certo é que esta na- Coetzee non se adoita considerar, ou de Coetzee seguen a marcar unha dirración non pode lerse baixo os pa- faise só de maneira tanxencial, un ferencia profunda ...

Leia mais

Un panfleto teatral sobre a crise

Un panfleto teatral sobre a crise A pallasa Hula e o pallaso Piollo, na escola da Seño, enfrontaranse a un dos retos máis esixentes da súa traxectoria: representar unha escena de “O soño dunha noite de verán”, de William Shakespear...

Leia mais

Máis doado, máis rápido: Plan Vivenda 2009-2012

Máis doado, máis rápido: Plan Vivenda 2009-2012 presentou Afianzamentos vexetais; Erika Trommer e Cyclorama; Libertad Baz Rodríguez pola obra Arquitecturas salgadas; Natalia Olarte Salazar con Ángel sen cabezas; e Andrea Sánchez Cano pola obra T...

Leia mais