Documento completo

Transcrição

Documento completo
O GOVERNO INFORMA AO BNG
Asunto: medicamentos que conteñen
fenilpropanolamina
O GOVERNO NON VAI RETIRAR OS
MEDICAMENTOS QUE CONTEÑEN
FENILPROPANOLAMINA, COMO SÍ FIXERON
OUTROS ESTADOS EUROPEOS
Carlos Aymerich explicaba que un estudo da
Universidade de Yale confirmou que é un factor de
risco para sofrer hemorráxia cerebral
A Axéncia Española de Medicamentos non considera necesário adoptar
medidas cautelares como a proibición de uso de fenilpropanolamina
nalguns medicamentos, informa o Governo ao BNG en resposta á pergunta
realizada polo deputado Carlos Aymerich.
O Executivo reitera as medidas adoptadas fronte ao uso desta sustáncia na
elaboración de medicinas, como é <limitar a dose a 100 mg por dia>, ou
<actualizar as fichas técnicas e os prospectos que conteñen
fenilpropanolamina>.
O Governo limita-se a transmitir as recomendacións do Comité de
Seguridade de Medicamentos de Uso Humano.
E indica, que <practicamente se remataron nas unidades técnicas da
Axéncia Española do Medicamento as avaliacións correspondentes aos
cámbios de formulación que solicitaron as compañias farmacéuticas co
obxecto de substituir esta sustáncia por outra ou simplesmente eliminá-la>.
O deputado do BNG explicaba que <un estudo da Universidade
norteamericana de Yale confirmou que a fenilpropanolamina é un factor de
risco para sofrer unha hemorráxia cerebral>. Por iso, sinala Aymerich, <as
autoridades sanitárias de EEUU recomendaron a retirada desta sustáncia.
En Holanda non están disponíbeis, no Reino Unido e a India, as
autoridades están a retirar os preparados con esta sustáncia>.
Carlos Aymerich lembraba que a fenilpropanolamina está presente en
diversos medicamentos como os antigripais.
Sen máis que dicer-lle, receba un cordial saúdo
Madrid, a 7 de febreiro de 2002
Eva Lema. Gabinete de Imprensa do BNG
no Parlamento do Estado