lingua viva - SNL VIGO

Transcrição

lingua viva - SNL VIGO
Ano:
2011
LINGUA VIVA
52
Boletín de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo
EDITORIAL
Sumario
2. Dúbidas 3. Galeoke 5. Que fago se...? 7. Recordatorios lingüísticos 9. Biblioteca do SNL 10. E ti, por
que falas galego? 12. Actividades do SNL nos centros de ensino 13. A lingua galega entre 1963 e 1975.
14. A diversidade lingüística un valor engadido 15. A regueifa 17. Bibliotecas Viventes 19. Breves
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, praza do Rei núm. 1-36202 Vigo
Teléfono 986 810281 Fax 986 220678 Correo electrónico [email protected] páxina web: http//:snl.vigo.org
2
Lingua Viva
D úbidas
Continuamos coa relación de verbos que en galego para introducir o
complemento directo non precisan a preposición “a” mais que por influencia do
castelán cometemos ás veces o erro de pór esa innecesaria preposición.
Galego?
Galego
Exemplo
*Alcanzar a
alcanzar
O pelotón non alcanzou o escapado
*Alertar a
alertar
Co asubío alertaron os compañeiros para marcharen
*Alimentar a
Alimentar
Todos os días vén alimentar os parrulos
* Amansar a
Amansar
Deron amansado as feras que había no circo
* Amar a
Amar
De cativa aprendéronlle amar os animais
*Ameazar a
Ameazar
O cliente ameazou o dependente con denuncialo
*Amoestar a
Amoestar
O árbitro amoestou a Ronaldo con dobre cartón
*Amolar a
Amolar
Amolouno ao escoitar cando lle dixeches
CASTELÁN
GALEGO?
GALEGO
Alambrada
*Alambreira
Aramado
Alambre
*Alambre
Arame
Alhaja
*Alaxa
Alfaia
Albañil
*Albanil
Albanel
Albarán
*Albarán
Albará
Albaricoque
*Alberchigo
Pexego
Albóndiga
*Albóndiga
Albóndega
Albrícias
*Albricias
Albízaras
Alcantarilla
*Alcantarilla
Sumidoiro
Alcantarillado
*Alcantarillado
Rede de sumidoiros
Alcornoque
*Alcornoque
Sobreira
3
Lingua Viva
Galeoke
Con certeza moitas son (e serán) as
celebracións que compartimos coas nosas
amizades,
familia,
compañeiras...
compañeiros
Seguramente
e
compartides
eses momentos de lecer, de festa, de
diversión botando unhas cantigas e mesmo
tentando facer uns “pinitos” emulando a
cantantes coñecidas e coñecidos.
Con
certeza
habedes
de
ter
participado en karaokes, ou gozar vendo
como outras persoas tentan emular as e os
cantantes afamados entoando cancións de
sempre.
Carauta do Galeoke
Moitas e moitos de nós, por estarmos
nunha asociación veciñal, cultural, xuvenil...
Pois ese oco está xa cuberto, esa
habemos de programar actividades para
ferramenta para a normalización do noso
para
recolle grupos como Berrugüeto, Fuxan os
ocupar o tempo de lecer e ofertar accións
achegar
música... ..
a
nosa
cultura,
lingua,
Seguramente que moitas e moitos
idioma é xa unha realidade. O GALEOKE
Ventos, As Malvelas, Treixadura mais
tamén
Os
Resentidos,
Cempés,
profes pensaron e pensan que positivo sería
Lamatumbá,
coma un karaoke para achegarlles aos
Espido, Xoán Curiel están presentes neste
contarmos cunha ferramenta tan valiosa
Os
Os
Diplomáticos
de
Montealto... e voces coma a de Uxía,
rapaces e ás rapazas as cantigas de sempre e
Galeoke con cancións tan coñecidas como
mesmo simulando unha competición entre o
“Sara,
outras máis novas pero de xeito lúdico e
alumnado
Mais
en
todos
e
outros
moitos
“O Carro”, “O Pirimpinpín”, “Fisterra”,
Sariña”,
“Galicia
Canibal”,
“Leverelém”, “Licorcafé”... Coñecer novas
cancións,
recordar
as
de
sempre,
momento e ocasións que se nos poden
compartilas en festas, nos momentos de
houbese
transmitir a nosa cultura son obxectivos
ocorrer ben que botabamos de menos que
posibilidades
de
termos
ese
karaoke con cancións galegas e en galego.
lecer e por que non, tamén nas aulas,
deste xogo, do GALEOKE.
4
Lingua Viva
O Galeoque é un xogo de PC con formato CD
para ordenador. Un xogo que nos permite
xogar
individualmente
ou
en
conxunto,
acumulando puntos emulando as e os artistas
do país.
O SNL adquiriu exemplares deste xogo
para lles achegar ás asociacións veciñais
viguesas así como aos centros de ensino,
vendo
a
rendibilidade
que
para
a
normalización do galego vai supor contarmos
Agardamos que o Galeoke traia momentos
de entretemento e goce entre as persoas que
comparten momentos e actividades nas
asociacións e que os nosos mozos e mozas
se divirtan e aprendan cantando en galego, e
que todas e todos nós queiramos emular, xa
non a Manolo Escobar -con todos os nosos
respectos para el e o seu carro- senón
querendo entoar o poema de Manuel María,
O carro.
con este galeoke.
CD do Galeoke
Imaxes da páxina web do Galeoke
5
Lingua Viva
Que fago se...?
Continuamos, baixo este epígrafe, debullando unha serie de situacións de interaccións
lingüísticas nas que o contacto galego-castelán non pode derivar a unha situación de
minusvalorización da nosa lingua.
Como diciamos noutros números desta revista, cómpre termos argumentos ante
situacións cotiáns ás que nos “enfrontamos” as e os galegofalantes, temos que abandonar ese
falso criterio de cortesía que nos levaba a abandonar a nosa lingua por un novo hábito: manter
a nosa comunicación na lingua de noso.
Tamén coma nestas outras ocasións seguimos algúns dos criterios apuntados na revista
Què faig si...? da Plataforma per la Llengua.
●
Diríxome a unha persoa que hai pouco que está en Galicia e que é de orixe foránea. En que
idioma me debo dirixir? E de se me dirixir en castelán, como hei de responder?
En galego con toda naturalidade. De primeiras podemos dirixirnos en galego a todas as
persoas coas que establecemos unha comunicación. De termos como interlocutora unha
persoa que vén de fóra do país podemos preguntarlle se entende se nos expresamos en galego.
De ser así, adiante. De dicir que non entende podemos tentar comunicarnos naquela lingua
que ambos coñezamos.
●
Se acudimos a un restaurante, comercio, supermercado, grandes almacéns ou calquera outro
lugar de atención ao cliente... e teñen toda a cartelaría en castelán, aténdenos en castelán... en
que idioma debo seguir a conversa?, Podo queixarme?
Con certeza, non debemos cambiar de idioma, temos todo o noso dereito de falar en galego, e
en caso ningún poden facer que fale en castelán.
6
Lingua Viva
Se acudimos a un restaurante, comercio, supermercado, grandes almacéns... e
●
teñen toda a cartelaría en castelán, a persoa á que me dirixo en galego dime que
cambie de idioma porque non me entende, que debo facer?
En caso ningún poden facer que pasemos a falar en castelán, temos os nosos
dereitos lingüísticos e dereitos como consumidores. En todo caso, se non
entende, podemos pedir que nos atenda outra persoa que si fale en galego. Se
nos din que non teñen persoal que entenda/fale en galego ou iso vai facer que
teñamos que agardar ou nos poñen máis impedimentos podemos facer unha
queixa e solicitar a folla de reclamacións.
Mais queremos manifestar
que, pola experiencia cotiá neste
servizo ao que acode moita
xente de fóra para interesarse
por cursos, libros, dicionarios...
son estas persoas as que nos
piden que nos dirixamos en
galego porque así xa se están
exercitando.
Somos, as máis das veces,
as galegas e galegos os que
temos prexuízos que nos fan
rexeitar
e
desprezar
a
nosa
lingua, inventar falsas barreiras
que non existen entre xente
que
ten
vontade
entenderse
entender
e
coa
de
facerse
premisa
de
respectar a lingua e as persoas
falantes deste lugar.
7
Lingua Viva
Recordatorios lingüísticos:
Comezamos, neste número, cunha nova sección para recordar e refrescar aqueles aspectos da
lingua, ben sexa de gramática, morfoloxía, ortografía... nos que ás veces temos algunha
dúbida.
●
Apócope de SANTO e GRANDE:
Os adxectivos santo/a e grande apocopan, é dicir, suprimen un son ao final da palabra, cando
a palabra que lles segue comeza por consoante.
Exemplos:
●
Santa Uxía
Grande fracaso
San Tomé
Gran acerto
Grupos consonánticos -cc- e -ct-:
Suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando van precedidos das vogais i e u.
Exemplos:
-CC- e -CT- precedidos de a, e ou o
-CC- e -CT- precedidos de i ou u
colección
conflito
director
vitoria
didáctico
estrutura
elección
condución
cocción
vítima
*Agás nalgunhas palabras pertencentes a linguaxes especializadas, de escasa presenza na fala
ou para evitar confusións.
Exemplos das excepcións: adicción, adicto, convicción, convicto, dúctil, ficción, fricción,
invicto, succión, veredicto e pictórico (e outras formas con picto-).
●
Acentuación dos interrogativos:
Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas
directas: cal queres?, cando vés?, canto queres?, como che vai?, onde está?, que queres?, quen
cho deu?, que desgraza!
Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen
interrogativas indirectas (pregúntalle cando volve, pregúntalle onde está, preguntoulle cal
quería), agás cando fose preciso para evitar posibles anfiboloxías: dille que queres, / dille que
queres, xa sabes que hai?, xa sabes canto lle custou / xa sabes canto lle custou, etc.
8
●
Lingua Viva
Acentuación dos adverbios en -mente
Ao igual que os interrogativos, estes adverbios non se acentúan.
No caso de apareceren varios adverbios en -mente coordinados, esta terminación só aparece no
último, e os anteriores manteñen o seu acento: cómoda e facilmente.
●
Acentuación das palabras compostas
Tampouco mantén o acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas xa soldadas:
Riotorto, fervellasverzas, vichelocrego, etc.
●
Acentuación dos demostrativos
Non se acentúan en ningún caso nin os demostrativos nin o indefinido e numeral un: esta mesa,
quero esta, mira esa, colle aquela, un can, un deles,dáme
●
*Humidal
Dise que Galicia é terra de abondosas augas, dos mil ríos, de mananciais a mancheas, de
fontes con feitizos, de lagoas con encantamentos... mais o que si é certo é que Galicia non é o
país dos *HUMIDAIS mais haber terras enchoupadas que son ecosistemas clave por seren
reservas de auga, por manteren a fertilidade do solo, por reciclaren nutrientes... Hai terras
húmidas por todo o país, dende as de Begonte ás da xunqueira do Alba, dende Sada até o
Morrazo... e tamén temos terras enchoupadas case permanentemente en Vigo: na xunqueira do
Lagares, Goberna...
Quen non escoitou falar dos *humidais, se cadra sentiu curiosidade e puido ter acudido a
unha charla, exposición, manifestación a prol dun dos moitos *humidais que fican pouco
protexidos no noso país, que se están a destruír...Pero falamos de xeito ao empregarmos o
termo *HUMIDAL para referirnos a un terreo con vexetación e enchoupado? Non, *humidal é
un castelanismo que temos que rexeitar pois, como todo castelanismo, está ocupando o lugar
das verbas patrimoniais galegas.
A seguir indicamos varias palabras de noso que han ser utilizadas no canto de *humidal
e apuntamos outras con significados achegados.
●
TREMEDAL: terreo cuberto de herba no que hai moita auga, de xeito que treme ao andarmos
sobre el. Trémbora, tremedeira, tremesina, tremo.
●
BRAÑA: terreo a pasto con humidade constante. Brañal, brañeira, lameiro. Terreo baixo e
pantanoso; boedo, chaguazo, chagorza. Monte alto que no verán está sempre verde. Terreo ao
carón dun río. Terreo enchoupado próximo ao mar.
●
TRALLO: terreo con moita auga; lameiro. Lugar onde se forma moita lama; bulleiro, lamazal,
lameiro
●
LAMEIRA: terreo onde hai moita lama; bulleiro, lagumada, lagumeiro, lamazal, lameiro,
lamela, lamorqueira, lamusada, lodeiro.
●
●
VEIGA: terreo baixo, amplo e fértil situado á beira dun río ou corrente de auga.
VEIGAL: conxunto de veigas preto dun río.
9
Lingua Viva
Biblioteca do SNL
O
SNL
ten
recompilados,
coas
adquisicións de libros e as achegas de
distintas institucións ou organismos, ao
longo do seu funcionamento no concello
distintos volumes, entre libros de literatura,
sociolingüística,
guías
ou
dicionarios.
Pódense atopar textos en catalán, vasco,
castelán... e por suposto na nosa lingua.
Pero non só dispoñemos destes textos
catalogados senón tamén de publicacións
periódicas como poden ser “Cadernos de
lingua”, “Grial” ou as cataláns “Llengua i ús”
e “Revista de llengua i dret”.
Hai tres anos o servizo decidiu darlle
pulo e pór en valor este fondo bibliográfico,
quixo poñelo a disposición da cidadanía, e
non
só
servizos
para
e
funcionariado
organismos.
biblioteca do SNL.
Así
ou
outros
naceu
a
Hoxe, a nosa biblioteca, conta con
máis de 1400 exemplares repartidos nas
distintas categorías nas que se dividiu o
fondo bibliográfico: administración pública,
biografía, cómic, dicionario, ensaio, estilo,
infantil, xuvenil, lexislación, lingüística,
literatura, muller, pedagoxía, poesía, teatro,
toponimia e outros.
O
SNL
rexistrou
nun
programa
informático todos os volumes do arquivo,
dándolles un número de rexistro. O fondo
bibliográfico
atópase
nas
oficinas
do
Servizo de Normalización, na Casa do
Concello.
A biblioteca ten servizo de consulta
para calquera persoa que pase pola oficina e
servizo de empréstito para aquela xente que
faga o carné da biblioteca.
O servizo de empréstito é válido para
todas as categorías nas que está dividido do
fondo agás os dicionarios, que só poden ser
consultados na oficina mais non poden ser
prestados,
xa
que
son
traballo do persoal do SNL.
ferramentas de
Cada día tentamos mellorar a oferta
mercando e solicitando exemplares dos
novos textos que saen do prelo.
que
Así, agora adquirimos DVDs e Cds
prestamos
a
asociacións
culturais e a centros de ensino.
veciñais,
10
Lingua Viva
E TI, POR QUE FALAS GALEGO?
A análise dos prexuízos lingüísticos e rebater esas falsas ideas que menoscaban a lingua
propia de Galicia é o argumento dunha nova acción da Coordinadora Galega de Equipos de
Normalización e Dinamización (www.coordinadoraendl.org) Actitudes lingüísticas espazo que
tenta achegar respostas, recursos, argumentos, experiencias... cara a mudar as imaxes
negativas que existen sobre a nosa lingua.
Ilustran a primeira campaña cunha viñeta que vén representar un lugar común para as e
os galegofalantes.
Cantas veces temos perante nosa a quen semella ter un cuestionario predeterminado
para o intre de se topar cunha persoa galegofalante soltarllo deseguida: Por que falas en
galego? E para que? Para que serve? Por que esa teimosía de seguir a falar galego?, ademais...
en vez da ben sabida pregunta E ti de quen vés sendo, teñen unha variante... e ti que galego
falas, o bruto da aldea... ou o inventado?
E non é unha situación que creamos que non
é real... Cóntovos un feito ben certo e de hai uns
días.
Vigo, unha cea de máis de cen persoas por
mor dun acontecemento de celebración para esta
cidade. Achéganse catro persoas ao redor da
trintena...
-Vaya, todo el mundo vestido de gallego
-Si, seguro que tambien lo hablan
-Yo es que no lo hablo porque no me sale...
-Te cuento, el otro día estuve con X, que mira que
viste bien y es fino... pero habla gallego. Es un
chico finísimo que viste de marca, pero cuando
habla mira que es bruto, habla con ese acento y con
esas palabras... No sé porque lo hace, la verdad.
De verdade que non é inventado, aconteceu
de certo. E é que os prexuízos están na nosa
sociedade, viven e perviven entre as e os galegos,de
aí a importancia de accións coma esta, de podermos
desterrar estes prexuízos da sociedade galega e que
son unha das principais causas de non termos
normalizada a lingua de noso.
Imaxes doutras campañas da Coordinadora
11
Un
Lingua Viva
outro
exemplo.
Hai
uns
Actividades
días
inauguraron un centro comercial na Coruña
de
reflexión
Autoxenofobia, Usos da lingua e actitudes
cunha notable campaña nos medios de
lingüísticas ...
pregunta U-lo galego? Toda a campaña está
comentarios sobre porque somos
comunicación que serviu para facermos esta
en castelán, non contan coa lingua deste
lingüística,
E ti por que falas? Abre unha ventá a
galegofalantes.
país para se dirixir aos galegos e galegas,
que habelos e habelas hainas que falan
galego. Unha vez máis a nosa lingua faise
invisible para a propia sociedade galega por
eses prexuízos que aniñan entre nós.
Volvendo
coordinadora,
accións
e
á
comprende
recursos.
“Experiencias”
experiencias
campaña
de
Así
presenta
realizadas
distintas
o
polo
da
apartado
diversas
alumnado
sempre en torno aos prexuízos: 24 h galego
fullscreen (Galegolab), vídeos de como
máximo 5 minutos nos que se resumen as
24 horas dun ou dunha galegofalante. Que
está pasando? É un intento de explicar os
prexuízos
e
mostrar
exemplos
que
a
súa
falsidade.
Galegando, Corazón galego son outros dos
apartado.
podemos
topar
neste
En “Recursos didácticos” atopamos
ferramentas
que
cruzadas
un
poden
servir
para
que
tenta
argumentar contra dos prexuízos. Linguas
é
documental
responder a preguntas como Existe confllito
lingüístico por mor da lingua?, Que lle falta
ao galego para estar normalizado?, Que
futuro lle espera?... Recóllense un traballo
de alumnado do IES da Pobra do caramiñal
verbo
da
clasificación
dos
prexuízos
lingüísticos e outros traballos como
Imaxes da páxina web da Coordinadora
12
Lingua Viva
Actividades do SNL nos centros de ensino
O Servizo de Normalización Lingüística
organiza cada trimestre actividades para os
centros de ensino. Nesta ocasión organizáronse
distintas actividades para infantil, primaria e
secundaria.
Estas
son
algunhas
das
actividades
organizadas:
●
contacontos)
adaptado
Cine en galego
Continuamos co cinema en lingua galega .
Agora cos rapaces e rapazas de primaria e
infantil. As curtas para infantil: A flor máis
grande do mundo e A nena que tiña unha soa orella.
Para primaria: O pudin máxico, Jack, rei do
Amazonas, O Soño dunha noite de San Xoán e
Pepiña Maruxiña quere voar. (Teatro-
Conto
●
baseado
nunha
tradición
popular. Pepiña busca polo xardín alguén que a
axude a voar. Vai así coñecendo os distintos
Donkei Xote.
Coma en todos os anos anteriores,
desenvolveuse a actividade no cine Yelmo, e ao
remate da proxección realizáronse actividades
arredor do filme.
insectos que o habitan. Mistura a música e
●
diferentes personaxes: insectos feitos de escuma
No
e globos. Un conto interactivo onde os cativos e
cativas participan de xeito activo. Achegáronse
recortables con léxico e debuxos para as e os
cativos que acudiron á actividade.
Esta actividade desenvolveuse nos propios
centros.
Vicentiño e as árbores da paz. (Teatro
se sombras-contacontos)
Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu
traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos
dos seres que moran nos bosques, nos ríos e nos
mares. Coñeceremos a historia dun paxaro que
descobre que nas pólas das árbores aniña a
número
50
falamos
desta
actividade.
Naquela ocasión era desenvolvida no verán,
fóra do horario escolar, nas praias e prazas da
cidade. Desta vez, démoslle unha volta a
actividade, sen que perdese a súa esencia, para
levala aos centros de ensino.
●
●
Camiño da lingua
Outras actividades que se desenvolveron foron
as Bibliotecas Viventes, para o alumnado de
secundaria; e os obradoiros de regueifa, tamén
para os rapaces e rapazas de secundaria (estes
obradoiros están inxeridos no programa Duplo
R). Destas actividades fálase máis polo miúdo
noutros artigos deste mesmo número de Lingua
Viva.
palabra paz, a dun carballo que naceu na bota
dun soldado, a dun trasno que vai deitando lixo
pola mata...
Achegouse unha unidade didáctica sobre
a actividade para traballar no centro de ensino.
Para esta actividade contouse coa colaboración
do Verbum, foi alí onde tivo lugar a acción.
Imaxe da actividade de Pepiña maruxiña
quere voar nun centro de ensino
13
Lingua Viva
A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación
sociolingüística e discurso dende o galeguismo
Por Villanueva Gesteira, María Dolores
Hoxe comprácenos traer a esta revista
a obra de Malores coa que gañou no ano
2008 o premio da Deputación de Pontevedra
na categoría de Novos Investigadores.
E esa satisfacción é por, cando
menos, un dobre motivo. Por unha banda
polo traballo que nela se recolle, e como se
recolle, do que axiña falaremos. Pola outra,
e para nós máis entrañábel por ser de
Malores, unha moza que aquí estivo neste
Servizo
de
Normalización
Lingüística
durante dous veráns, aló nos anos 2001 e
2002
facendo
prácticas,
realizando
un
traballo máis que salientábel, como por
exemplo un estudo sobre o uso do galego
nas escolas infantís, públicas e privadas de
Vigo.
A lingua galega entre 1963 e 1975.
Situación sociolingüística e discurso dende
introdución
dunha
lingua
ningún
recoñecemento oficial na universidade ou
no ensino obrigatorio, a proliferación de
asociacións
culturais
que
loitaron
para
mostrar o galego, a creación do Instituto da
Lingua Galega, ou as cada vez máis
numerosas publicacións en galego”
Os prexuízos sobre o galego, o futuro
da lingua, a pouca iniciativa e mesmo
compromiso
de
certas
institucións
coa
lingua (por exemplo, a administración, a
xustiza e a igrexa) son tamén analizados por
Malores nesta obra, que como diciamos ao
comezo é imprescindíbel para sabermos
máis da nosa lingua, historia, e daquela de
nós.
Parabéns Malores
o galeguismo é unha nova achega para
sabermos da historia da sociolingüística do
noso idioma. Ë un estudo preciso da
situación do galego entre 1963 (ano no que
comeza a segunda andaina da revista Grial e
do centenario da publicación de Cantares
Galegos de Rosalía de Castro) e 1975 (ano
da morte de Franco).
Doce anos nos que se produciron
acontecementos sociais e políticos que
repercuten de xeito notábel no idioma
galego, como a propia autora manifesta: “a
sen
Portada do libro
14
Lingua Viva
A diversidade lingüística un valor engadido
Pa negra foi, con 9 Goyas, o filme
●
Co catalán no mundo...
triunfador dos premios Goya deste ano. Pa
“Fago o cinema en catalán sempre que
para uns fonte de crítica, para outros o
con esas películas por todo o mundo. E
negra é un filme catalán feito en catalán;
podo, e realmente, sempre podo. E fun
recoñecemento á diversidade lingüística do
nunca tiven problemas por ir en catalán.
lingua propia e polo cinema catalán. Isona
de globalización adversidade é un pracer”
un dos éxitos de Pa negra foi precisamente o
... E por que non co galego?, co cinema
estado, o que si é certo é que é a aposta pola
Passola, produtora da película, recoñece que
catalán.
Ao contrario, para a xente nestes tempos
galego en galego?
de
“Brindo polo cinema en galego. O cinema
sobre a diversidade lingüística e cultural.
colectividade, dun país, dunha lingua.
discurso
moi musical. Encantaríame ver moita
Nunha
entrevista
no
Xornal
Galicia Isona Passola fai unha reflexión
é a mellor carta de presentación dunha
Diversidade que tamén foi motivo do seu
Tedes moito que ensinar e unha lingua
vantaxes
na
desta
gala,
e
reafirmándose
manifestando
recoñecemento á diversidade.
o
nas
seu
máis versión orixinal en galego.”
Velaí algúns fragmentos da citada
entrevista:
●
As vantaxes da diversidade
“Ás veces parece que só se pode falar unha
lingua e que as outras están só para
molestar. Nunca se considera a diversidade
idiomática como unha riqueza que temos e
nos fai máis sabios, máis respectuosos e
máis tolerantes a todas e todos”
●
Defendamos o patrimonio da humanidade
“Non hai nada mellor que reivindicar unha
lingua... E que é unha cousa tan inofensiva!
Que dano pode facer iso? Os que falan
contra as linguas son ignorantes tremendos
que se cargan o patrimonio da humanidade”
Cartel publicitario do filme Pa negre
15
Lingua Viva
A regueifa
No ano 2003 comézase un proxecto
de recuperación da tradición oral a través
dos centros de ensino. O propósito era
achegar a regueifa ao alumnado vigués.
Para conseguir ese propósito realizáronse
obradoiros de regueifa en varios centros da
cidade.
Os obradoiros son ofertados á totalidade dos
centros da cidade, tanto de titularidade
pública como privada. Están dirixidos á
poboación secundaria e son realizados no
propio centro en dúas quendas. Nunha
primeira sesión os regueifeiros achegan o
alumnado á tradición oral, e máis en
concreto a regueifa, facendo que xa teñan
que compor versos e as súas primeiras
coplas. Na segunda, quince días despois e
tras o traballo de aula, os mozos e mozas xa
regueifan de seguido simulando combates
Imaxes do Certame de Regueifa 2011
entre elas e elas.
Ao finalizar os obradoiros realízase un
certame coa participación dos centros. Para
iso cóntase coa colaboración da AVC de
Valadares e de Oral de Galicia.
Neste certame arredor de 6-10 rapaces e
rapazas de cada centro, que os monitores
do
obradoiro
capacidades
atoparon
para
a
con
máis
improvisación,
participan nun concurso onde regueifan
entre eles improvisando coplas.
Este ano participaron nos obradoiros 15
centros de ensino. No certame o público
está formado polos participantes nos
obradoiros, polo que nesta edición do
Certame Escolar de Regueifas houbo
máis de 500 rapaces e rapazas que
Imaxe do Certame de Regueifa 2011
animaron
aos
compañeiras.
seus
compañeiros
e
16
Lingua Viva
Os obradoiros de regueifa non só pretenden
dar a coñecer á mocidade viguesa a
regueifa, senón tamén dar a coñecer a ampla
tradición oral galega e en galego. Este
achegamento resulta moi interesante, xa que
ollamos
unha
grande
aceptación
dos
obradoiros entre os rapaces e rapazas
participantes;
e
ademais
eles
mesmos
demandan que se realice unha maior oferta
Páxina da unidade didáctica da regueifa
de actividades relacionadas coa regueifa. Un
exemplo, que xurdiu froito destes certames
e obradoiros, foi a demanda, que fixo a
mesma mocidade, da creación dun lugar
onde
poder
perfeccionando
seguir
os
aprendendo
coñecementos
e
da
regueifa. Así nace o proxecto de creación do
Centro de interpretación oral da cidade de
Vigo.
Este proxecto xa conta cunha unidade
didáctica
sobre
a
tradición
oral,
particularmente a regueifa. Esta unidade
didáctica
foi
entregada
aos
centros
participantes neste último certame para
coñecer a súa opinión sobre a mesma.
Na unidade didáctica recóllese información
sobre a historia, a evolución e a forma da
regueifa.
Preséntanse
actividades
para
desenvolver as capacidades do alumnado á
hora de xogar coas verbas, para acadar
coplas cargadas de imaxinación e picaresca.
Tamén contamos cun local situado no
edificio da Casa da Xuventude. Quérese
poñer en funcionamento a partir do mes de
maio de 2011, para así cumprir coa promesa
que se lles fixo aos rapaces e rapazas do
Certame celebrado o 2010. Neste centro terá
cabida tanto a aprendizaxe (con obradoiros)
como o desenvolvemento de certames orais,
exhibicións... Agardamos que moitas e
moitos mozos da nosa cidade atopen un
lugar para coñecer máis polo miúdo a
tradición da regueifa e que deste centro
saian auténticos regueifeiros e regueifeiras
Páxinas da unidade didáctica da regueifa
que
asombren
improvisación.
ao
mundo
coa
súa
17
Lingua Viva
Bibliotecas Viventes
O pasado mes de febreiro, concretamente
entre os días 15 e 18, tivo lugar no Verbum a
primeira biblioteca vivente que se puxo en
marcha en Galicia.
Que é unha Biblioteca Vivente, e por que
esta experiencia?
Hai uns 6 meses achegouse até o SNL
unha representación de Xandobela (empresa de
xestión e dinamización sociocultural coa que
ten traballado este SNL) para programar novas
actividades. Entre elas estaba un proxecto que
axiña vimos que encaixaba co programa Meu,
coñecéndonos, descubríndonos: as bibliotecas
viventes.
Unha biblioteca vivente é unha
biblioteca na que os libros son persoas. Persoas
con singulares historias de vida ou que posúen
determinados coñecementos e que difunden a
súa exèriencia a través da interacción, entrevista
e diálogo cos e coas lectoras. Para ser un libro
non hai que ser un persoeiro da nosa historia,
cidade senón que abonda (e xa é abondo) contar
con expirencia vitalou saberes cos que poder
ilustrarlles
a
outras
persoas
que
teñen
curiosidade, que queren saber máis... Todos e
todas, de feito, somos potenciais libros e
lectores/as.
A biblioteca vivente é un proxecto
educativo e cultural que pretende achegar
coñecementos dun xeito ameno, paricipativo e
Proxecto Grundtvig con parceiros de Polonia,
República
Checa,
Alemaña
e
Grecia.
rpoxecto desenvolvido Books 21 ten, entre
outros obxectivos, difundir no ámbito local
bibliotecas viventes.
Os tesouros vivos
A nosa particular biblioteca “os tesouros
vivos” quixo (e ben que o logrou!!!!) pór en
contacto á mocidade (alumnado de secundaria)
con persoas de idade (tesouros vivos). Lectores/
as e libros vivos interactuaron durante catro
mañás no Verbum cunha exitosa participación e
sobre todo, cus resultados e cunha demanda
tanto por parte de libros como de lectores de
quereren máis que xa nos “obriga” a traballar
para o novo proxecto
países europeos.
partillado con outros
A nosa biblioteca dos tesouros vivos
estaba organizada en seis contidos: o mar, a
terra, os ciclos festivos, a artesanía, a literatura
oral e testemuñas de vida. 12 libros, realmente
11 pois un tiña “dous tomos” (dúas mulleres que
contaban a súa experiencia na guerra cicil e
anos posteriores) que deron voz e visibilidade
da
sucesos,
experiencias, realidades
nunca
contadas dese xeito, en viva voz e vida propia.
Como dicían os lectores... é que estes libros non
hai que lelos, falan!!!
directo. Dinamarca, no ano 2000, foi a que
experimentou este proxecto de dinamización
por vez primeira e dende un ano máis tarde o
Consello de Europa promove esta experiencia
como ferramenta de educación intercultural que
axuda a combater prexuízos e estereotipos.
Certamente a iniciativa é tan exitosa que está a
espallarse por todo o mundo.
Xandobela coa intencicón de achegar
esta iniciativa a Galicia desenvolveu un
O
Imaxe da publicidade do proxecto en Polonia
18
Lingua Viva
Cada sesión (á que acudían ao redor de
90 alumnos/as) duraba máis de hora e media e
os rapaces tiñan sobre vinte minutos para
“consultar” o libro, do que xa nos centrso de
ensino tiñan unha reseña e tiñan que terse
apuntado para a consulta.
Cada mañá dúas sesións con case 500
mozos e mozas que deron lido eses tesouros
vivos.
Moitas
serían
as
ideas,
suxestións,
experiencias dos propios lectores e libros,
achegas que poderiamos tirar como avaliación.
En dúas palabras... Im presionante
Destacariamos
o
recoñecemento
da
mocidade para coas persoas maiores (“a partir
deste momento vou ver doutro xeito ás persoas
maiores, empezando polo meu avó,” deixaba
como comentario un lector) e das persoas
maiores para con estes.
Cando comezamos e contactamos cos
libros estes tiñan os seus temores... pero que lle
imos contar, aos dous segundos mandarannos a
paseo, van pasar de nós... e tamén os mozos
destes: falar con vellos...menudo rollo. Eses
temores convertéronse en atención, curiosidade,
respecto, diálogo, interacción... Imos botar man
dunha frase ben coñecida: unha cousa é contalo
e outra é velo.
Páxinas do catálogo de reseñas dos libros
da biblioteca vivente de Vigo
A emoción, o orgullo de seren útiles, a
incredibilidade por crer que o que aqueles libros
contasen acontecesen na súa cidade (e non hai
tanto, en sitios que coñecen e recoñecen) ,
romper estereotios e prexuízos... é unha mínima
reseña da avaliación que tiramos dende o SNL e
compartida con Xandobela.
E o profesorado... a colaboración, o
interese, o seren eles e elas tamén lectores foi
fundamental
xunto
co
bibliotecarios, dicionarios
moi
bo
facer
dos
que pululaban polo
Verbum axudando aos lectores a se acomodaren
para meterse na súa particular viaxe a un pasado
cercano e propio pero moi, moi descoñecido.
Nestes primeiros días de
abril o SNL
acudiu (xunto con Xandobela e Ponte nas ondas,
por parte galega) ao encontro de Atenas (a
quinta xuntanza, a cuarta foi a glega e en Vigo
estiveron o 2 de marzo).
Alí, ao rematar o proxecto, avaliouse o
conxunto de todas as expeirencias, e de
Imaxe do proxecto en Grecia e en Galicia
escoitaren, ver, preguntar, “liar”... estamos xa
traballando nun novo proxecto pero con novos
andeis e servizo... Xa vos contaremos.
19
Lingua Viva
BrevesBrevesBrevesBrevesBrevesBrevesBreves
Galicia co galego, rede de escolas infantís
Tras a reconversión das Galescolas en Galiñas azuis constatouse que, sobremaneira nas de
nova creación, o dereito dos cativos e cativas
de seren educados en galego non sempre se ve
cumprido.
Para acadar este dereito pais e nais, educadores/as e persoas interesadas en teren un ensino
onde a lingua vehicular sexa o galego están a dar os pasos para crearen a asociación Galicia co galego
e pulo á Rede popular de ensino en galego.
Rede que “estará composta por un conxunto de instalacións de ensino a todos os niveis e
modalidades que teñan como obxectivo a transmisión de coñecementos científicos e útiles para a
formación integral da persoa e que a lingua vehicular, a do ensino sexa o galego”
Aprender galego
O director da Axencia de Pesca en Vigo, o holandés Harm Koster, anunciou na rolda de prensa
na que manifestaba a súa renuncia a renovar o seu mandato que, ao ter tempo dabondo, dedicará parte
deste a aprender galego.
Guia Branca
Todos coñecemos guías telefónicas ou guías de negocios. A quen non lle gustaría poder acudir
a un local falando galego e querendo atopar a información en galego sen sentirse por iso un “becho
raro”? Xa chegou o momento de crear unhas páxinas onde incluír todos aqueles negocios da Galicia
que empreguen a nosa lingua!
A plataforma GalegoLab propuxo a iniciativa, máis para conseguir que funcione é necesaria a
implicación de moitos e moitas colaboradoras. O obxectivo final é dobre:
●
Crear unha páxina web onde se inclúan todos os negocios e lugares que empreguen o galego (a nivel
escrito e falado) e onde a presenza da lingua non sexa anecdótica.
●
Informar á xente galega sobre os establecementos, empresas, asociacións, bares, pubs etc que usan a
lingua galega e nos que non se sintan discriminados ou mesmo raros.
●
Pódese ver a información do proxecto en: http://galegolab.org/proxecto-aberto/guia-branca/
Galego na Bretaña
O día 18 de febreiro de 2011 os nenos e nenas bretóns da escola Diwan Kistreberzh (Bretaña francesa)
falaron por medio de videoconferencia e por terceira vez cunha persoa bretonfalante que vive no
estranxeiro. Desta volta foi cunha galega que vive na cidade de Vigo quen respondeu ás preguntas
preparadas polo alumnado da escola.
Tamén puideron escoitar a lingua galega e mesmo aprender algunhas palabras grazas ás láminas de
debuxos elaboradas polo Servizo de Normalización.
A lingua galega escóitase en todo o mundo!

Documentos relacionados