panxoliñas nadal

Transcrição

panxoliñas nadal
ENDL CEIP BERGANTIÑOS.CARBALLO
MALVELA
1. NADAL EN MOS
Outro ano de cantares
ao neno que está no berce
para esquencer os pesares
deste ano que esmorece.
Ten os olliños de mel,
Manuel , Manueliño,
a cariña dunha rosa,
no bico dun caraveliño.
Xa temos unha barquiña
da casca dunha cebola
para levarlla a Xosé
e máis á nosa señora.
Anivello con bens vaias
Aninovo con ben veñas
como brinca o setestrelo
no cortillo das ovillas.
Cantaremos bailaremos
e faremos unha festa
cantaremos brindaremos
ata o ano que comeza.
Con toxos, flores e xestas
e agunha cantigas destas
alegraremos a festa
e tamén a nosa mesa.
2. NO PENDELLO
No pendello que hai xunto ó camiño
hoxe ás doce danoite naceu
un meniño pequeniño
que parece do ceo caeu.
Entre o bafo de dous animais
pois o pobre cubertas non ten
nin señais de “pañales”
para tapalo do frío se ven.
Levareille logo este mantelo
anque ás feiras voa falla me fai
e un roxelo de bo pelo
para que faga bos caldos súa nai
e un roxelo de bo pelo
para que faga bos caldos súa nai.
Levareille tamén esta pita
pois é o neno máis guapo que eu vin
e a cabrita máis bonita
que para él do cortello escollín
e a cabrita máis bonita
que para el do cortello escollín.
3. NATAL DOS SIMPLES
Vamos cantar as xaneiras
Vamos cantar as xaneiras
por eses quintais adentro
vamos as raparigas solteiras.
Pan parariri
Pan parariri
Pan pan pan pan
Vamos cantar “orvalhadas”
vamos cantar “orvalhadas”
por eses quintais adentro
vamos as raparigas casadas.
Vira o vento e muda a sorte
vira o vento e muda a sorte
por aqueles “olivais” perdidos
foise embora o vento norte.
Moita neve cae na serra
moita neve cae na serra
só se lembra dos camiños vellos
quen ten saudades da terra.
Quen ten a candea acesa
quen ten a candea acesa
rabanadas pan e viño novo
mataba a fame a pobreza.
Xa nos cansa esta “lonxura”
xa nos cansa esta “lonxura”
só se lembra dos camiños vellos
quen anda á noite á ventura.
4.DESPEDIDA DE ANO VELLO
Despedida de ano vello
entradiña de aninovo
os señores desta casa
as conten con grande gozo.
Viva a terra dos gaiteiros
que viñeron a tocar
ó neno recén nacido
entre as pallas do portal.
Ano novo vida nova
ano novo que traerás
o vello suspiros leva
o novo xa os traerá.
Ano de festas que naces
o pasado xa pasou
a primavera enverdece
o xardín que se marchou.
Viva a terra dos gaiteiros
que viñeron a tocar
ó neno recén nacido
entre as pallas do portal.
Ano novo vida nova
ano novo que traerás
o vello suspiros leva
o novo xa os traerá.
4. CANTO DE REIS DE MOSENDE
Moi boas noites dos reises
teñan vosas señorías
teñan vosas e outra máis
moi alegres e festivas.
Camiñando vai Xosé
camiñando vai María
camiñan para Belén
máis de noite que de día.
Cando a Belén chegaron
toda a xente durmía
aquela xente tirana
aquela xente dicía.
Para Xosé non hai pousada
menos hai para María
veu “pralí” un pregoeiro
preguntando por MaríaMaría pareu á oite
cando a xente durmía
foi nun neno tan fermoso
todo o mundo relocía.
Tanta era a súa pobreza
que onde envolvelo non tiña
botou man á súa cabeza
deulle o lenzo que traía.
Algúns eran de Holanda
outros de Holanda fina
outros bordados en sed
a para a Virxe María.
Estreliña do oriente
tíranos daqui axiña
levanos o aghinaldo
ai, a sombra María.
5. AS XANEIRAS
Esta noite non se durme
imos cantas as xaneiras
cheira a cravos ,cheira a rosas
cheira á flor das laranxeiras.
Aquí mora xente honrada
en casa dun labradore
que ten a muller bonita
e a filla coma unha flore.
Oh que linda estrela “brila”
alén dos lagos do norte
a esa moi nobre casa
Deus lle dea unha boa sorte.
Alegraivos compañeiras
xa vexo a luz da candea
a filla do labradore
vaivos convidar “pra” cea .
6. DE VILA EN VILA
San Xosé e máis María
ían xuntos pra Belén
ían cantando-los reises
cantémolos nós tamén.
Fóronse de vila en vila
e de lugar en lugar
en busca de Xesús Cristo
non o puideron topar.
San Xosé ía moi triste
porque ía polas montañas
e María moi alegre
co seu fillo nas entrañas.
Foron dar con el a Roma
revestido no altare
misa nova quer dicire
misa nova qer cantare.
E aquela “paloma” branca
que está posta no altare
aquela é a nosa señora
que nos quería axudare.
É a señora ama da casa
nunca lle a cabeza doía
se nos dera un torresmiño
para untare na zanfona.
7. KIKIRIKÍ
Cantámosche os reises guedellos de cabra
cantámosche os riese non nos deches nada.
Somo-los reise do kikirikí
vamos a ver que nos botan aquí
somo-los reises do cacaracá
vamos a ver que nos botan alá
somo-los da cabra fanada
viñemos eiquí... non nos deron nada.
Aquí vimos catro, cantaremos oito,
denos de aguinaldo fociño de cocho
ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos
se nos dan fociño tamén o levamos.
8. CHEGARON A PÉ
Chegaron a pé María e Xosé
non tiñan pousada ían pra Belén.
Chegaron á coba co frío na pel
non tiñan pousada María e Xosé.
E naceu o neno
do ventre da nai
un neno pequeno
brilla como un sol
Cala meu neniño
cala meu amor
que esta noite é boa
chea de calor .
O neno Xesús é un caravel
fillo dunha rosa nacido en Belén
ímo-lo adora que está no portal
esta noite santa o Rei celestial.
9. ALERTA; PASTORES; ALERTA
Alerta, pastores, alerta
é unha noiete de alegría
está nascido o deus meniño
fillo da ´Virxen María.
O meniño foi á leña
espetou un pico nun pé
chamou por nosa señora
acudiulle San Xosé.
Oh meu meniño Xesús
quen te deu ese “soquiños”
foi o seu avó Santana
pra ter os pes quentiños.
FUXAN OS VENTOS
Vamos, vamos, rapaciños
Vamos. vamos, rapaciños
cara a Belén, coa gaita do fol,
que dicen, naceu un Meniño,
máis bonitiño que un sol!
E dicen que non ten o probe,
nin camisiña que poñer,
as estrelas xa nos guían,
¡vamos, rapaces, vámolo ver!
Vamos cantando e ruando,
a millor festa que hai,
que naceu o noso Neno,
Rei da Terra e do Mar.
En Belén hai moita festa,
tocan pandeiros e gaitas,
vámonos aló, pastores
a tocar coas nosas frautas.
Vinde, vinde, rapaciños,
vinde, vinde a ver ó Neno,
que envoltiño nuns carpaciños,
e nun portaliño pequeno.
Vinde a Belén, vinde amiguiños e correde,
correde, correde ben.
Vinde ver o neno
Vinde ver o neno, que esta despidiño
I acurrucadiño - o pe dos seus paes!
E mancano as pallas,
En que esta deitado,
I o noso pecado, ainda o manca mais!
O Meniño, pequeniño,
entre unhas pallas se ve,
como o Neno e tan pequeño,
aínda non se ten de pé.Ai, qué Neno, ai qué Meniño!
ai qué ganiñas me dan!
De comerile a cara a bicos,
de gordo e branco que está!
Vamos a Belén, amigos
Vamos a Belén, amigos,
Vamos que a noite esta crara!;
Mingos leva as castañolas,
I o seu pandeiro pascuala!
Ai, qué Neno tan bonito!
qué cariña tan galana!,
Nunca Neno, tan bonito!,
viren as nosas montañas!
Vinde, galeguiños, vinde
Vinde galeguiños, vinde
Vinde con pandeiro e gaita,
Que un meniño, moi riquiño
Naceu oxe na montaña (bis).
Naceu un Neno moi mono,
naceu un Neno moi guapo,
e súa nai xiquera tiña
nin un probe farrapo.
O Meniño está na neve
a neve fáino tremere!
Meniño da miña ialma!
quén che poidera valere?!
Vinde ver o neno
Vinde ver o neno, que esta despidiño
I acurrucadiño - o pe dos seus paes!
E mancano as pallas,
En que esta deitado,
I o noso pecado, ainda o manca mais!
O Meniño, pequeniño,
entre unhas pallas se ve,
como o Neno e tan pequeño,
aínda non se ten de pé.Ai, qué Neno, ai qué Meniño!
ai qué ganiñas me dan!
De comerile a cara a bicos,
de gordo e branco que está!
Vamos a Belén, amigos
Vamos a Belén, amigos,
Vamos que a noite esta crara!;
Mingos leva as castañolas,
I o seu pandeiro pascuala!
Ai, qué Neno tan bonito!
qué cariña tan galana!,
Nunca Neno, tan bonito!,
viren as nosas montañas!
Vinde, galeguiños, vinde
Vinde galeguiños, vinde
Vinde con pandeiro e gaita,
Que un meniño, moi riquiño
Naceu oxe na montaña (bis).
Naceu un Neno moi mono,
naceu un Neno moi guapo,
e súa nai xiquera tiña
nin un probe farrapo.
O Meniño está na neve
a neve fáino tremere!
Meniño da miña ialma!
quén che poidera valere?!
Aló a medianoite
Aló a medianoite,
cando o galo canta,
nunha vila santa
que chaman Belén,
nunhas probes pallas,
nun pequeno estabro,
naceu, malpocado!,
Xesús, Noso Ben!
E cheiño de frío
non tiña a ninguén,
soio dáballe alento
a mula i o boi.
E voseutros, rapaciños!
cheios de gozo, ide a buscar!
Algunha cousiña que ó Noso Meniño,
poidamos levar! (bis)
No pendello do camiño
No pendello que hai xunte ó camiño,
istes dias pasados naceu;
Un Meniño, pequeniño,
que parece do Ceu caeu.Din que é o Mesías,
din que é o Ben!
Corramos todos
a bicarlle o pé!
Vinde, vinde, rapaciños vinde. vinde a ver ó Neno
Vinde, vinde, rapaciños vinde, vinde a ver ó Neno!
que envoltiño nuns carpaciños
e nun portaliño pequeno!
Alegría, meus amigos
Alegría, meus amigos,
máis alegría e placer
contan que naceu un Neno
Garrido e de Gran Xacer!
Alcendemos catro oallas
e corremos pra Belén
que contan moitos milagres
e cousas diñas de ver!
Meu Meniño, Miña Rosa
miña Prendiña, meu Ben
Ti serás noso Consolo
Ti serás, Reí de Israel
Con un sombreiro de palla
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,
Deixade os pastores
Deixadeos pasar
Que van a cantar o neno
A xesus no portal!
Nunha pallas deitadiño
i en coiriños ah está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!
Por entre as silveiras
Por entre as silveiras
Cantan alegres os paxariños.
Anunciando a todos
Con gran esplendor;
Que naceu o neno
Mais escelente e mais bonitiño
Que ven a ser fillo-do noso señor.
A Belén vinde, pastores,
al naceu un Menlño
que está, meu Ben, tiritando,
ai!, tiritando de frío;
I, o Probiño, trembando está
e naide corre pra o ir quentar;
soio un boiciño, co seu soprar,
quentaba ó Neno, sen descansar!
As ovelliñas, pacendo,
pola veira do rigueiro,
berran porque xa naceu
o Rei da Terra e do Ceo.
I as aves todas, co seu chiar
festexan xuntas a Navidá;
cos seus childos, sen descansar,
louvan ó Neno que está no Portal.
Vamos, compañeiros, vamos
Vamos compañeiros
Vamos todos cara a Belén,
A ver aouel rapaciño
Oue acabou de naceu. (tiruliruri)
Somos dous pastores chairegos
que vimos xunto ó Meniño;
a traguerlle unhas guedellas
pra que quente o seu corpiño.
O portal vimos correndo
dende a ribeira do Miño,
pra ofrecerlle ó Noso Neno
un pelexo de bon vino!
Somos mariñeiros, somos,
da terra de Camariñas,
ó Neno Xesús traemos,
uns peixes e sardiñas!
Todos che regalan algo,
eu qué che regalarei?
un pucheiro de manteiga
unha cunca de boo mel!
Nosa Señora
Nosa Señora fai medias,
con nobeliños de luz,
algodón de lúa chea,
as medias son pra Xesús!
Nosa Señora ten medo
arrepios de tenrura;
pra que non desperte o Neno
tapan os Anxos a lúa!
E vamos todos, e vamos todos
A adorar o redentore
Oue naceu o rei de reises en Belén
I en Belén entrou pastores!
E rorro, rorro, meu neno
Eu son un probe galego
veño do sul da terriña,
i ó Neno Xesús lle traigo
lenzo pra unha camisiña.
O Meniño está no berce
vistidiño de oletón
os nenos que o arrolan
os anxos do Ceo son!
E rorro, rorro
Meu neno,
E rorro, rorro
E rorro, rorro
Meu neno,
E rorro, rorro
Meu amor.
Meu carrapucheirño
Meu carrapucheiriño, sol de Belén
Botame ises olliños, vasme morrer.
Miña Prendiña, miña Monada,
Meu Queridiño, estás nesas pallas;
por veces calas, por veces choras,
e da bica dun galego,
canto pides, tanto mandas!
Quixera terte no colo,
o teu Corpiño arrolar!;
e, por veces, co meu folgo,
ás túas bágoas enxugar!
ás túas bágoas enxugar!
Pandeirada de Rao
Ai la le lo ai la le lo ai la le lo ai la la la.
A señora ama da casa
ten a color da cereixa
ela como é boa moza
sen esmola non nos deixa.
Esta casa sí que é casa
éstas sí que son paredes
a muller que nela está
é muller entre as mulleres.
Ai, señora ama da casa,
cachee ben os bolsillos
e se non nos ha de dar cartos
déanos ovos o chourizos.
San Xosé e mais María
San Xosé e máis María,
iban xuntos pra Belén,
ibanlle cantal-ós reises
á Xesús de Nazaré.Fóronse de vila en vila
e de lugare en lugare
na busca de Xesucristo
nono poideron topare.
Aquela paloma blanca
que está detrás do altare
aquela é Nosa Señora
que nos quería axudare.
E, á señora ama da casa
nunca lle a cabeza doía
se nos dera un torresmiño
pra lle untare a zanfoña.
Reises de Infiesta
Oigan y escuchen todos
esta vieja tonada
y la alegría y buen gozo
y esté en la casa el ama.
Vaya de regocijo
Vaya de infiestas vaya
Y en Belén ha nacido
El bello sol del alma.
A Belén una niña
camina apresurada
y hermosa en cuanto bella
y un viejo en su compañía.
Guedellos de Cabra
Caminan poco y poco
llegaron a una casa
de dentro le responden
¿quién de estas horas llama?
E, a señora da casa
como é tan honrada
subirá ó cainzo
e cortará sin tasa.
E, o señor da casa
como é tan honrado
baixará á bodega
e traerá un xarrado.
Cantamosche os reises, guedellos de
Guedellos de cabra.
Cantamosche os reises.
Non nos deches nada.
Sómol-os reises do quiquiriquí
vimos a ver qué nos botan eiqui.
sómol-os reises do cacaracá
vimos a ver qué nos botan alá!
Sómol-os reises da «cabra fanada»
viñemos eiquí: Non nos deron nada.
Aquí vimos catro, cantaremos oito
déanos o aguinaldo, fociño de cocho!
ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos
se nos dan touciño, tamén o levamos!
Sómol-os reises do quiquiriquí
se non nos dan nada... cagámoslle eiquí!
Catro mancebos
Catro mancebos xuntiños
eiqui xuntiños estamos
e tan cansadol-os catro
que é preciso alimentarnos.
Chorizo, pois, longaniza,
uña de porco, ou fuciño
ou de xamón, dúas tortillas
con dous xarriños de viño.
Abran a porta, señores,
que por honrados nos temos
sabe Dios se pra outro ano
á porta lles cantaremos!
Esta vai por despedida
oxe, eiquí, non canto outra
os señores desta casa
doxe un ano me oian outra!
Despedida de Ano Vello
Despedida de ano vello
entradiña daninovo
os señores desta casa
os conten con moito gozo!
Viva!, berran os gaiteiros,
que viñeron a tocar,
ó Neno, recén nacido,
entre as pallas dun portal.
Ano de festas que naces!
o pasado xa pasou!
A primaveira enverdece
o xardin que se marchou!
Ano novo, vida nova!
ano novo, qué traerás?
o vello sospiros leva,
o novo xa os traerá
SUSO VAAMONDE. É NADAL
NOITE DAS NOITES
(Disco: É Nadal)
Noite das Noites en Belén!
Fun pegureiro no Portal,
levei un chifro de alcacén
e unha fogaza candeal.
Canto anxeliño a recrear!
Cantas estrelas de arredor!
E canta almiña a se salvar
ao pé do Neno Redentor!
Noite das Noites en Belén!
Un vello cego de Xudá
cantaba un ledo leixaprén,
louvando á Eterna Craridá!
Canto anxeliño a recrear!
Cantas estrelas de arredor!
E canta almiña a se salvar
ao pé do Neno Redentor!
Noite das Noites en Belén!
Misterio inmenso que alí vin!
Foi alborada para min
e mais pra vós. Amén. Amén!
CANZÓN DA NOITE DE NADAL
(Disco: É Nadal)
A Lúa nos piñeiraes
resoa coma unha gaita
i-os anxos con aas de neve
polos outos montes cantan.
O río parece un neno,
ai lalalá...
un loiro neno dormido
cunha sorrisa moi branca...
A terra faise tan lene,
ai lalalá...,
que para voar ao ceo
unha estreliña lle basta.

Documentos relacionados