¡EU NON FUN!

Transcrição

¡EU NON FUN!
Texto e ilustracións: CHRISTIAN VOLTZ
Tradución: XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ
Encadernado en cartoné. 22x22 cm.
40 páxinas. Ilustracións en color.
Dispoñible en:
“Eu non fun!”
-Galego:
Demademora. ISBN 978-84-8464-660-0
“!Yo no he sido¡”
-Castelán:
Libros para Soñar. ISBN 978-84-96388-82-6
-Portugués:
“Eu não fui!”
Livros para Sonhar. ISBN 978-972-8781-26-2
Prezo: 13 €
¡EU NON FUN!
...Y de súpeto, catapum! A granxeira sofre un
inesperado percance, pero... nen a vaca, nen o burro,
nen o pito, nen o rancho, nen o chucho, nen o
mosquito, asumen a autoría do sucedido. Daquela, a
responsabilidade do desastre... De quen é?
Nesta divertida e disparatada historia, de estructura
encadeada e que destila grandes doses de humor,
proponse unha irónica reflexión sobre a culpa. Coa
súa galería de personaxes delirantes, Christian Voltz
métenos de cheo no seu ‘imaxinario’ particular,
construido a base de aramio e collage.
Veña, veña, miña gordecha! Que xa é hora!
Uaaa...! Unha araña enorme!
Toma! E toma! Aí quedas!
Lobos te coman, bicho noxento!
O catálogo de KALANDRAKA contén outras obras
deste autor; a máis recente incorporación é “A caricia
da bolboreta” (dispoñible en galego, castelán, catalán
e portugués), á que precederon “Aínda nada?” e
“Como cada mañá”, editados por KALANDRAKA en
galego, castelán e portugués.
CHRISTIAN VOLTZ (Estrasburgo, 1967)
Estudou nun obradoiro de ilustración da Escola
Superior de Artes Decorativas de Estrasburgo
(Francia). Foi debuxante de portadas e ilustrador;
tamén colaborou en publicacións dirixidas ao público
xuvenil. É autor de varias obras ilustradas, que saíron
á luz en editoriais como Rouergue entre 1997 e 2000.
Tamén publicou en Didier e Grandor, selos franceses
adicados á publicación de libros infantís. É director de
cortos de animación para unha produtora audiovisual.
Actualmente reside e traballa en Estrasburgo.
■ Temática: os animais, a natureza
■ Idade recomendada: a partir de 3 anos
■ Aspectos destacables: ilustracións realizadas coa
técnica do collage a base de elementos reciclados,
como aramio, tea e papel; estructura encadeada
■ Aplicacións: os animais da granxa; reflexión sobre
a culpa
[email protected] | www.kalandraka.com