Un panfleto teatral sobre a crise

Transcrição

Un panfleto teatral sobre a crise
GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | maio 2014
#76
Exemplar gratuíto
Eurozone
Un panfleto teatral
sobre a crise
música
Amancio
prada canta
a rosalía
música
mamá cabra presenta
“bicos de música”
MAIO 2014 | 1
entrevista
Ana
Amado
Arquitectura, fotografía, pintura ou música son algunhas das disciplinas que
enchen a vida desta inquieta creadora ferrolá con ducias de proxectos pasados e
presentes que nos últimos tempos alterna o seu traballo entre Ferrol, Madrid e os
Estados Unidos.
textos: David Dapena | Fotos: Kiko Delgado
AÍ. É posible facer tantas cousas
creativas diferentes?
AA. Ter varios intereses significa que te vas complicar a vida.
Eu teño unha pelexa interna
para tratar de darlles saída e
aproveitalo de maneira práctica.
Tampouco resulta doado facelo e
medrar en cada unha das disciplinas creativas que me interesan porque o tempo é limitado, e
ademais vai pasando. E non podo
elixir e focalizar en algo, gústame
todo.
AÍ. Pero dentro de ti cal interese ten
máis forza?
AA. Vai por rachas. Agora pesa
máis a fotografía, non só polo
aspecto creativo senón porque
traballo na escola LENS en
Madrid, onde son titora e coordino o traballo do final de curso.
Aí si que se lle sumo os meus
intereses, e ademais manteño o
aspecto de fotógrafa de arquitectura así que agora a cámara pesa
máis aínda. Algo que foi máis
tardío porque comecei moito
antes cantando e debuxando, de
2 | MAIO 2014
moi nena. A arquitectura, que
é a miña formación, aportoume
moito pero sinto como que tapou
outras vocacións. O tempo e
a enerxía son limitados e me
gustaría terlle adicado máis a
outras cousas, e de feito agora
estou niso, aínda que a arquitectura sempre está presente.
AÍ. Concibes un día sen facer
nada?
AA. Non sucedeu o caso… O
tempo libre sempre llo adico a
estas cousas que me gustan.
Para alguén creativo o ideal
sería poder vivir do que
fai, na escola LENS case
o consigo.
AÍ. O ano pasado botaches
seis meses traballando co
gran fotógrafo Mark Steinmetz nos Estados Unidos.
Como foi a experiencia?
AA. Foi marabilloso
poder estar cun artista
consagrado, que ademais fai unha imaxe
clásica, traballa
en analóxico e te
entrevista
“para alguén creativo o
ideal sería poder vivir do
que fai”
“A XIRA con cristina pato
foi unhas miñas mellores
experiencias”
permite experimentar tamén
en laboratorio. A clave foi ver o
día a día de traballo dun creador
deste nivel, comprobar a través
da súa obra cotiá quen é e por
que, as súas eleccións creativas,
o segredo do seu estilo e do seu
éxito. Foi un luxo.
AÍ. E a experiencia de vivir nos
Estados Unidos?
AA. Extraordinaria porque te
sacas de enriba moitos tópicos.
Aquí tense esa visión crítica deles, en parte xustificada pola política exterior sobre todo da época
de Bush. A xente é moi activa
e positiva, ás veces de forma
inxenua pero lles resulta
ben á hora de emprender
un negocio ou facer algo
práctico, algo do que
aquí deberiamos aprender.
Tamén é certo que teñen unhas
leis que lles axudan. É unha sociedade moi dinámica. Ademais
eu estiven no sur, en Athens
(Georgia), unha cidade culturalmente moi creativa, de onde é
por exemplo o grupo REM. Por
certo, cheguei visitar a casa do
cantante, Michael Stipe.
“Non concibo
un día sen
facer nada
creativo”
AÍ. Crucemos o Atlántico de volta.
Hai un traballo fotográfico teu en
marcha que fala da dura situación
do comercio en Ferrol.
AA. Si, trátase de “Persianas pechadas”, no que tamén está implicado o meu irmán Rober Amado. Comezamos o ano pasado.
Cada vez que viña de Madrid ou
Estados Unidos observaba que
na Magdalena pechaban máis
comercios, así que nos puxemos
a facer fotografías frontais, todo
con deseño moi alemán, para
crear un gran mosaico con cada
imaxe como tesela. Creo que o
proxecto acabará expoñéndose
nunha sala, pero aínda segue
aberto. De feito gustaríame darlle
unha dimensión social e falar cos
donos dos locais para facer unha
xornada reivindicativa e lúdica
sobre algo que para a cidade é
“teño cocendo ideas
para escribir e ilustrar
libros infantís”
un problema moi grave. Uns
300 locais, o 40% de total, están
baleiros.
AÍ. E a música?
AA. Sempre está aí, desde nena
estudei instrumentos e sobre
todo técnica vocal. Agora estou
empezando a cantar cun grupo,
Amado, Amor, Painceiras, Pena
& Pérez, que é un luxo pola
calidade dos músicos de aquí,
pero xa teño moitas experiencias
en Ferrol, coa formación vocal
Nois ou co dúo de bossa con Fer
Patiño. Porén, o recordo máis
intenso foi con Cristina Pato, con
quen gravei o seu segundo disco,
“Xilento”, e fixemos unha xira
por teatros de España e Portugal
que foi das mellores experiencias
da miña vida.
AÍ. En que te veremos nos próximos
meses?
AA. Agora regreso á escola LENS
para o final de curso, e nos próximos meses gustaríame retomar
os talleres de fotografía infantil
que fixen o mes pasado na Galería Sargadelos, unha experiencia
moi gratificante. Continuarei os
ensaios co quinteto de música e
me gustaría seguir facendo unha
fotografía de arquitectura máis
persoal. Tamén teño cocéndose
ideas para escribir e ilustrar un
par de libros para pequenos.
Ideas non faltan, pero o problema é o de sempre, o tempo que
unha necesita para sobrevivir de
xeito práctico e ter máis horas
para as cousas que non te solucionan a vida pero que necesitas
facer para seguir vivindo.
MAIO 2014 | 3
4 | MAIO 2014
propostas
03 sábado
20:30 h 04 domingo
EL RÉGIMEN DEL
PIENSO
20:30 h
ENAMORIRSE
Teatro
PAZO DA CULTURA (NARÓN)
12 €
La Zaranda é unha das
compañías españolas con maior
prestixio internacional pola
depuración dos seus textos e a
creación de personaxes ao límite
Os porcos pelexan pola porción
de penso e fozan cos instintos
na lama ata que chega o golpe
do matachín. Unha epidemia
fai que nos cortellos as femias
devoren os seus fetos e que
os porcos novos asfixien os
máis vellos ou enfermos. Os
traballadores da industria
vense afectados. Coa baixada
de vendas, comezan os
despedimentos de persoal, e con
estes a desconfianza entre os
empregados. A loita polo posto fai
que as vidas do porco e o home
se crucen e confundan.
Teatro familiar
teatro jofre (FERROL)
7€
PTV-CLOWNS É UNHA DAS MÁIS VETERANAS
COMPAÑÍAS DE TEATRO PARA NENOS DE ESPAÑA.
FUNDADA EN 1971, DESDE 1978 PRODUCIU 22
ESPECTÁCULOS INFANTÍS E FAMILIARES
A pallasa Hula e o pallaso Piollo, na escola da Seño, enfrontaranse
a un dos retos máis esixentes da súa traxectoria: representar unha
escena de “O soño dunha noite de verán”, de William Shakespeare.
A Seño pon en antecedentes aos espectadores falándolles
dalgunhas míticas historias de amor, especialmente aquelas en
as que os namorados han ter que enfrontarse á oposición das
súas respectivas familias. Cando Hula e Piojo chegan á escola, A
Seño proponlles representar a tráxica historia de amor de Píramo
e Tisbe. Si saen airosos do transo, talvez poidan mellorar as súas
notas. Rápidamente póñense ao choio e, tras breves preparativos,
dan vía libre á súa versión da historia cubrindo as numerosas
lagoas con improvisaciones e osadías narrativas que poñen a proba
a capacidade de sufrimento da Seño, que acaba descubrindo o
verdadeiro significado da palabra traxedia.
MAIO 2014 | 5
propostas
12 luns
20:30 h 17 sábado
camerata bocCherini
aUTOS DA REVOLUÇAO
20:00 h
Música
Teatro
teatro jofre (ferrol)
15/12/6 €
auditorio de narón
9,5 €
Un concerto barroco con obras de Haendel e
Vivaldi é o que propón a Filharmónica Ferrolana
nunha tempada con programación de gran calidade
20 anos despois da revoluçao dos cravos, o Centro
Dramático de Évora (Portugal) reune fragmentos
de 5 novelas de António Lobo Antunes nun textos
sobre o 25 de abril
Massimo Spadano (primeiro violín), Mauro
Rossi (segundo violín), David Quiggle (viola) e
Luigi Piovano (violoncello) forman un grupo
especializado na música barroca e clásica
interpretada con instrumentos orixinais que, ás
veces, acolle a outros intérpretes e varía o seu
formato. A Camerata Boccherini é unha agrupación
de gran prestixio convidada con frecuencia
a festivais en Berlín, París, Milan, New York,
Salzsburgo e todas as grandes cidades
6 | MAIO 2014
Sobre as novelas Auto dos danados, Coñecemento do
Inferno, Fado Alexandrino, Manual dos Inquisidores
e Exortao aos Crocodilos, que poñen a Revolución
como pantalla de fondo, o espectáculo propón os
relatos cruzados de sete personaxes que recordan
o 25 de abril: unha burguesa caritativa, un operario
cargador de mudanzas, un militante político, un
banqueiro, unha labrega explotada, a muller dun
contra-revolucionario e unha criada.
propostas
17 sábado
20:30 h
31 sábado
20:00 h
EUROZONE
23:00 h
Música
Teatro
teatro jofre (ferrol)
10 €
23 venres
BANG 74
pazo da cultura (narón)
9,50 €
Eurozone, de Chévere, é un panfleto teatral
sobre a crise. Un auténtico pastiche no
que se mesturan as referencias directas a
Reservoir Dogs, á linguaxe da publicidade, aos
casinos online, aos bailes de salón e ao argot
económico que asulaga as nosas vidas.
Imaxinemos que un grupo de persoas que representan á clase dirixente
europea acaban de cometer o atraco do século. E imaxinemos que,
contra todo pronóstico, algo saíu mal. Entón collemos a esta xente e
metémola nun deses edificios de autor, monumentales e inútiles, que
tanto lles gustan, unha cidade da cultura, unha cidade das artes ou
simplemente un casino sen inaugurar... E facemos explotar as súas
fráxiles relacións, e intentamos comprender a lóxica das súas decisións
ou retratar a súa psicosis utilizando contra eles nosa indignación. Quen
é o señor azul da política europea? Quen é o señor marrón das finanzas?
Quen é o señor branco da diplomacia?
sala súper 8 (ferrol)
ENTRADA GRATUÍTA
O pop de Bang 74 ofrece melodía
e enerxía por igual, unha mistura
de powerpop e ritmos máis
salvaxes.
O trío ferrolán (Cris Veiga, Fran
e Óscar Millarengo), que hai
uns anos actuou en The Cavern
(Liverpool), é unha banda
moi coñecida nas pequenas
salas españolas de música en
directo. O seu potente son
bebe claramente de influencias
británicas.
MAIO 2014 | 7
propostas
24 sábado
20:30 h 24 sábado
da vinci tiña
razón
Teatro
PAZO DA CULTURA (NARÓN)
9,50 €
20:30 h
A ROSALÍA
DE FEDERICO
Música
Teatro jofre (ferrol)
14,00 €
Roland Topor, mestre francés do
humor negro e o surrealismo,
volve á carteleira galega da man
de Quico Cadaval
Da Vinci tiña razón! é unha obra
que imita, para mofarse, a forma
da comedia burguesa de sofá e
moble-bar. Todo acontece nunha
luxosa casa de campo dunha
urbanización de nivel alto. Ao
dono parece que lle vai ben na
vida: é alto funcionario do estado,
e recebe a visita de fin de semana
do seu mais estreito colaborador,
un trepa que ven para mostrar
a sua nova esposa. Todo está
tan limpo que se podería comer
no chan da garaxe... até que
comezan os problemas: os W.C.
entúpense e non hai onde ir. As
suspeitas crúzanse, os narices
enrúganse con desagrado... Todo
baixo a enigmática ollada da
Gioconda, que parece dicir: En
todo este asunto hai algo que
cheira moi mal.
8 | MAIO 2014
Amancio Prada presenta neste espectáculo
unha viaxe a Galicia como a que fixera
Federico García Lorca, onde afirmnou o seu
amor por Rosalía, polo país e polo idioma
galego
A Rosalía de Federico é un espectáculo músico-teatral que un crítico
definiu como “un diálogo a tres bandas, ou mellor dito, a tres almas”:
as de Federico García Lorca, Rosalía de Castro e a do propio Amancio
Prada. Os Seis poemas galegos, que Lorca escribiu entre 1932 e
1934 desde a súa admiración pola poeta galega, son o eixe central
dun recital con carga dramatúrxica. Amancio Prada, sobre unha idea
orixinal do prestixioso director de escena José Luís Gómez, reconstrúe
luminosamente as pegadas que polos camiños sen tempo da poesía
conducen ao reencontro co ausente, a presenza de canto vincula á
terra e as persoas coa memoria dos seus soños. É o facerse cargo do
destino dos outros, a alianza cos humildes entendida como unha bela
opción de estar no mundo, o que outorga unha asombrosa vixencia
ao mandato das súas palabras. Neste recital aborda Amancio Prada
composicións inéditas ata hoxe no seu repertorio.
propostas
25 domingo
18:00 h
bicos de música
Música
Teatro jofre (ferrol)
5,00 €
31 sábado
dixitofilia
20:00 h
Microteatro
SALA ESPACIO VIVO (ferrol)
3,00 €
Cristina Mariño, Sabela Amado
e Cristina Moreira presentan o
novo traballo da súa compañía
teatral, 3DTrans
Un dos grupos máis coñecidos da música infantil galega, Mamá
Cabra, presenta no Jofre a súa proposta lúdica e educativa.
Mamá Cabra mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun
enfoque lúdico, participativo e didáctico. Baixo, guitarra, acordeón,
batería, ventos e voces, xúntanse nun exercicio de música, bailes e
humor. Bicos de Música propón cancións para bailar, para viaxar, para
cruzar a rúa, para escoitar poesía ... Apoiándose nun guión cómico no
que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen
que as presentacións e as interpretacións sexan moi divertidas.
Digitofilia é o segundo espectáculo
de microteatro da compañía
3DTrans. Un texto de Carlos
Castrillón Doce, que presenta
o curioso caso de Clara, unha
“dixitofílica”, e Begoña, cunha
enfermidade aínda sen catalogar,
que serán as convidadas da
presentadora Gema Ríos ao
seumagazine sensacionalista
DAG: “Directo al Grano”.
Clínica veterinaria
CANTÓN
C/ Carmen, 2 bajo
Ferrol (A Coruña)
T 981 35 11 44 / 630 03 20 21
MAIO 2014 | 9
exposicións
Escultura
experimental
Pintura
ALUSIONES
PUNTOS DE
PINTURA
03/05-31/05
​galería sargadelos (Ferrol)
LUNS a SÁBADO
De 10:00 a 13:30 e de 18:00 a 21:00 h
DOMINGO PECHADO
Entrada gratuíta
14/03-18/05
centro cultural torrente
ballester (Ferrol)
martes a domingo (incluído festivos)
De 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 21:00 h
luns pechado
Entrada gratuíta
martes a domingo (incluído festivos)
De 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 21:00 h
luns pechado
Entrada gratuíta
Esta exposición recorda a
presenza de moitas das grandes
figuras da arte contemporánea
galega cuxa obra podemos atopar
agora na Colección de Arte
Concello de Ferrol. Partindo
dos gravados de Luis Seoane
presentes na Colección, a
exposición fai unha lectura da
presenza do gravado en Galicia
centrándose nos traballos
correspondentes a artistas
galegos moi representativos da
escena cultural nos anos setenta,
oitenta e noventa do pasado
século ata a actualidade.
Pintura e fotografía
Pintura, gravado,
debuxo
flying hapiness
03/05-31/05
galería sargadelos (Ferrol)
LUNS a SÁBADO
De 10:00 a 13:30 e de 18:00 a 21:00 h
DOMINGO PECHADO
Entrada gratuíta
10 | MAIO 2014
Puntos de pintura funciona
como unha exposición colectiva
concibida como a unión de
pequenas individuais, facilitando
a comprensión do traballo de
cada artista en particular para
configurar un diálogo global
ao redor da capacidade do
pequeno formato para adecuarse
ás esixencias da pintura con
maiúsculas.
Gravado
colección do
concello de
ferrol
14/03-18/05
centro cultural torrente
ballester (Ferrol)
arte x siria
29/04-30/06
Centro social cultural
novacaixagalicia (ferrol)
LUNS a SÁBADO
De 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h
DOMINGO PECHADO
Entrada gratuíta
Catro artistas únense co
obxectivo de sensibilizaren a
sociedade e axudaren os nenos
afectados pola guerra en Siria.
Eloy Taboada, Víctor Rivera Jove,
Francisco Carreño e Franchu
Medialdea doaron obras sobre
Siria que están presentes na
mostra e á venda online; os
fondos serán destinados ao
programa de UNICEF para os
nenos refuxiados.
praceres solitarios
Títulos publicados:
Anxo Franco
Hóspedes do medo
Carlos Laredo Verdejo
A amante relixiosa
Nada hai que cale máis fondo nos oídos dunha nena que as palabras da
nai. Palabras que envolven contos e
relatos, cancións e historias, vidas,
desexos e esperanzas. Desde cantares de cego ata contos infantís, a súa
Paloma Rodríguez
Mamá Carme
Guillermo Llorca
Relatos para ver mundo
X. Alcalá, R. Aneiros, V. Araguas,
H. Dacosta, A. Franco, R. Loureiro
Paloma Rodríguez
Vázquez, mestra e
licenciada en psicoloxía,
desenvolveu a maior parte
da súa vida profesional
no ámbito da igualdade,
impartindo formación
e elaborando Plans de
Igualdade de Oportunidades. É coautora dos
seis libros da colección
infantil “A igualdade
conta”, editada tamén
por Embora: O segredo de
Flora, A urna dos desexos,
O país dos mandóns, Iriña
bailarina, Teño dúas casas
e Canto te quero, profe!
Seis ferroláns
Henrique Dacosta
Os desherdados
Fernando Pessoa
O banqueiro anarquista
Xosé Neira Vilas
Aquel neno
nai foi enchendo os oídos da autora
día a día, con historias de fantasía e
historias reais. Historias matizadas
polo recordo e recuperadas no tempo que leva desandar o camiño do
crecemento cara ao recoñecemento, historias que hoxe se amontoan
puxando por saír, por revivir as vidas das mulleres que precederon a
nosa época. Mulleres reais, extraordinarias na súa normalidade, aventureiras do cotián, loitadoras polo
seu presente e polo noso futuro.
edicións embora
edicións embora
Biografía
Xosé María Díaz
Castro. Vida e
obra
En pleno mes das Letras Galegas 2014,
o presente volume é a biografía máis
completa do persoeiro homenaxeado, o
chairego Xosé María Díaz Castro (19141990)
Armando Requeixo | Editorial Galaxia | 200 páxinas | 10 €
O prestixioso crítico e profesor mindoniense Armando
Requeixo, que estará este mes en Ferrol falando de Díaz
Castro e que probablemente é a persoa que máis coñece
ao de Guitiriz, soubo sintetizar os case oito décadas de
vida do poeta e tradutor á par que facer un percorrido
polo máis salientable da súa obra para que calquera
lector poida familiarizarse coa produción de Díaz
Castro. Tralo percorrido vital do autor de “Penélope”,
faise unha análise da obra édita (“Nascida d’un sono”,
“Nimbos”, a súa obra mestra, e a trintena de poemas
non compilados que o escritor publicou principalmente
en revistas e xornais) e tamén da produción inédita
(tanto os poemarios de Preguerra Follas verdes (1934)
e Follas ô aire (1935) coma unha vintena longa doutros
poemas soltos). Requeixo detalla outras facetas
literarias de Díaz Castro, que inclúen a numerosa
poesía en castelán, a ocasional noutras linguas (francés,
alemán e latín), as prosas humorísticas e os relatos,
as abondosas traducións literarias e non só e mesmo
os artigos, colaboracións xornalísticas e outros ensaios
breves existentes.
12 | MAIO 2014
Relatos
Mamá Carme
Paloma Rodríguez | Embora | 48 páxinas | 10 €
Botando man das lembranzas e historias da
tradición familiar compostelá, a profesora e
psicóloga Paloma Rodríguez plasma a través
de nove relatos un mundo que semella
que non pasou hai tantos anos e que
poderían partillar moitos lectores. O volume
brevísimo é unha homenaxe á memoria
materna, habitual depositaria do pasado
da xinea máis próxima. Son as mulleres as
protagonistas destes relatos nos que se nos
fala da dureza da existencia e de seres que
se enfrontan á vida cara a cara.
Relatos
A balada do café triste
Carson MacCullers | Rinoceronte |180 páxinas | 16 €
Nos seis relatos que seguen á novela
curta que dá nome a este volume, Carson
McCullers, unha das grandes narradoras
do sur do Estados Unidos no século XX,
continúa a tratar os temas da súa produción
longa. A asimetría nas relacións amorosas,
así como a inseguridade adolescente, o
fracaso, a inxustiza social, o respecto polas
peculiaridades das persoas, o alcolismo e
as crises existenciais. Así e todo, a escritora
fala con optimismo da esperanza en volver
atopar o amor. Excelente tradución de
Salomé Rodríguez.
praceres solitarios
música
Kepa Junkera resume
en “Galiza” o seu amor
pola música galega
delicias sonoras
Eels “The cautionary
tales of Mark Oliver
Everett” (2014)
Os Eels, o proxecto musical
do xenial Mark Oliver
Everett, regresa este mes co
seu undécimo disco oficial.
Sen ser unha das súas
grandes obras, como si o foi
“Wonderful glorious”, estas
“historias moralizantes” son
a demostración de que o
peor dos seus traballos, e este
tampouco o é, sempre é un
bo disco con pezas que están
cheas de elegante tristeza como
“Parallels”, “Agatha Chang”, ou
“Series of misunderstandings”,
así como outras máis dinámicas
como a campestre “Where I´m
from”. Mr. E, como se lle coñece
popularmente a Everett, segue a
usar as súas desgrazas persoais
para facer alquimia musical,
cancións que neste caso son
medios tempos cargados de
intensa emotividade e melodías
que sempre enganchan. A
sorpresa de “The cautionary
tales of Mark Oliver Everett” é a
edición deluxe do disco, cunha
mestura de temas en estudio e
directo que non desmerecen do
disco oficial. Quen dá máis que
Mr. E?
Unha das sorpresas musicais do ano, e inxección de autoestima
para a música de raíz galega, é o último traballo do vasco Kepa
Junkera, “Galiza”, un álbum no que o acordeonista fusiona as
melodías da música tradicional vasca cos ritmos do folclore galego,
aínda que cos ingredientes habituais ao longo da súa carreira.
Músico autodidacta desde que aos 9 ou 10 anos escoitase ao seu
avó tocar xunto aos seus amigos a pandeireta e a trikitixa (acordeón
diatónico vasco), Kepa Junkera é na actualidade uno dos músicos
clave do folclore euskaldún. Empezou repetindo o repertorio da
música tradicional e logo a compor as súas propias melodías que
viron a luz desde mediados dos 80 nunha vintena de proxectos
de estudio. O último deles é este “Galiza” (FOL Música) é unha
fusión de sons tradicionais galegos con eses elementos que Kepa
Junkera leva traballando durante décadas e que se rexistraron o
pasado ano en Compostela, nos estudos A Ponte co técnico Tomás
Ageitos. Aínda que Kepa asegura que sempre sentiu admiración
polas melodías populares galegas, neste traballo expúxose traballar
dunha maneira moi concreta: pórse en contacto con distintos
galegos para que eles
achegasen a
materia prima
da música galega
e logo el engadir
os instrumentos
cos que traballou
toda a miña vida.
Os ferroláns Os
Cempes, Cristina
Pato, Uxía,
Milladoiro, Luar
na Lubre, Budiño,
Treixadura, Susana
Seivane ou Leilía
son só algúns dos
moitos artistas locais
que o acompañan
neste impresionante
libro e CD dobre, con 23 pezas. Por desgraza a xira de presentación
non pasará finalmente pola próxima edición do Festival de
Ortigueira lugar ben axeitado para a súa presentación.
MAIO 2014 | 13
axenda
axendamaio
Nº 76 | Ano VI
Edita:
Director:
Miguel Toval
Deseño/maqueta:
Jose A. Farinós
Produción:
Bucle Comunicación
Comercial:
[email protected]
01x
03s
Depósito legal:
C 4370-2007
Administración
Rúa Galiano, 63 - 1º
15402 FERROL
T 981 35 53 53
F 981 35 18 99
08
04d
09v
x
10
20:30 h
Cine Duplex
Ferrol
20:00 h
Pazo da Cultura narón
Sin city (ciclo tarantino)
c
el régimen del pienso
t
20:00 h* Espacio Vivo
Ferrol
A primeira vez
t
20:30 h
Teatro Jofre
ferrol
o país do pato donald
t
20:30 h
Cine Duplex
Ferrol
four rooms (ciclo tarantino)
c
18:00 h
Teatro Jofre
ferrol
enamorirse
i
21:00 h
Cine Alovi
As pontes
a miña primeira rosalía
m
22:30 h
Sala Super 8
Ferrol
frances farmer
m
19:30 h
Pazo da Cultura narón
Xi encontro de bandas de música
m
M MÚSICA
20:00 h* Espacio Vivo
Ferrol
a ponte do porco
t
t TEATRO
20:30 h
Teatro Jofre
ferrol
premios voces do ano
o
18:00 h
Pazo da Cultura narón
El club de la comedia woman
o
21:00 h
Teatro Jofre
ferrol
música ligera
t
20:30 h
Teatro Jofre
ferrol
camerata bocherinni
m
20:30 h
Cine Duplex
Ferrol
c
22:00 h
Sala Super 8
Ferrol
malditos bastardos (ciclo
tarantino)
sonia castelo
o
20:30 h
Teatro Jofre
d DANZA
O OUTRAS ACTIVIDADES
I
11
s
d
INFANTIL
C CINE
12
15x
l
16
17s
v
22x
14 | MAIO 2014
ferrol
musical la guagua
i
20:00 h* Espacio Vivo
Ferrol
natural o artificial
t
20:00 h
Local Toxos e
Froles
ferrol
o
20:00 h
Auditorio Mun.
narón
presentación do libro “Tanto
encanto Reunido”
Autos da revoluçâo
20:30 h
Teatro Jofre
ferrol
eurozone
t
20:30 h
Cine Duplex
Ferrol
reservoir dogs (ciclo tarantino)
c
t
axenda
23v
24s
25d
29x
30v
31s
Sala Super 8
Ferrol
bang 74
m
20:00 h* Espacio Vivo
Ferrol
os dous de teixeiro
t
20:00 h
Pazo da Cultura narón
Da vinci tiña razón!
t
20:30 h
Teatro Jofre
ferrol
amancio prada
m
23:00 h
Sala Super 8
ferrol
Cró! + licopodio
m
18:00 h
Teatro Jofre
ferrol
mamá cabra
i
20:30 h
Cine Duplex
Ferrol
kill bill v1 (ciclo tarantino)
c
20:00 h
Biblioteca Mun. pontedeume
presentación do libro “A fuga”
o
23:00 h
digitofilia
t
20:00 h
Pazo da Cultura narón
Eurozone
t
20:30 h
Teatro Jofre
festival 99 aniversario real coro
m
toxos e froles
20:00 h* Espacio Vivo
Ferrol
ferrol
*20:00/20:30/21:00/21:30/22:00 h
A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana directamente os organizadores dos mesmos. Edicións
Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión ou modificación de calquera tipo dos devanditos actos.
TURISMO
MAIO 2014 | 15
/ferrolcultura
Programa cultural
Axenda
Teatro Jofre
s24
d04
s 03
20:30 h
5€
Teatro
d 04
18:00 h
7€
Infantil
s 10
Auditorio de Ferrol
20:30 h
7€
Lírico
Maio 2014
Capela do C.C. Torrente Ballester
S17
d25
lagarta lagarta
O país do pato Donald
ptv clowns
Enamorirse
premios voces do ano
Amigos de la Lírica
tony lomba e manuel manquiña
d 11
21:00 h
8 €*
Teatro
l 12
20:30 h
12/8/6 €**
Música clásica
Camerata Bocherini
v 16
20:30 h
6€
Música infantil
Musical La Guagua
s 17
20:30 h
10 €
Teatro
s 24
20:30 h
14 €***
Son’s do Jofre
d 25
18:00 h
5€
Música infantil
s 31
20:30 h
Música folcklórica
14/03/14 ao 27/05/14
Exposición
14/03/14 ao 27/05/14
Exposición
C.C. Torrente Ballester
Música ligera
chévere producións
Eurozone
Amancio Prada
mamacabra
Bicos de música
Real coro toxos e froles
Festival 99 aniversario
Exposición de Gravados da Colección
de Arte do Concello de Ferrol
Puntos de pintura
* 10 € día da actuación ** Zonas A /B /C *** 16 € día da actuación
Información e venda de entradas: T 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | Taquilla: Teatro Jofre e Auditorio de Ferrol

Documentos relacionados

Rotary se involucra con total altruismo

Rotary se involucra con total altruismo ccada vez menos). Xa que logo o p persoal debe saír para atopar lug gares onde bulir, entobos nos que sse meter á procura dun confort, tam mén intelectual, que aquí non atop pan. Por iso hai tanto ...

Leia mais

Sonosfera de Vilaxoán

Sonosfera de Vilaxoán corpo é a nosa biblia e todo está almacenado nel. O comer é un acto emocional como o de calquera arte. A educación da sensibilización artística e culinária é vontade, decisión e coñecemento. Por is...

Leia mais

Marie Anne Paulze: muller de casa, salonniere, científica

Marie Anne Paulze: muller de casa, salonniere, científica un importante capital que da conta da riqueza do matrimonio; dado que podían utilizar tal cantidade de diñeiro para comezar a practicar as súas ideas políticoeconómico-sociais. Estas terras de labo...

Leia mais